A Axenda Urbana Pontevedra afonda na bioconstrucción e a compostaxe mediante dous encontros da man de Urbtopías

19

O vindeiro martes 6 de setembro o arquitecto e profesor de construcción na ETSA da Coruña, Carlos Quintáns e a arquitecta Cristina Ansede achegarán conversarán, moderados pola xornalista María Hermida sobre “Bioconstrucción. Cara un novo modelo de sociedade”

O mércores 7, Jesús Cintora mediará na charla sobre “Compostaxe. Facendo dos residuos un recurso” que contará co impulsor do Plan Revitaliza e Concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade e Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera e o cociñeiro con dúas Estrellas Michelín Javier Olleros

Ambas xornadas terán lugar ás 19:30 horas na Igrexa do Convento de Santa Clara con entrada libre ata completar aforamento

De cara a difusión e concienciación da poboación en torno aos obxectivos da Axenda Urbana Pontevedra, o Concello organizará na vindeira semana baixo o paraugas de Urbtopías dúas charlas nas que a bioconstrucción e a compostaxe serán as protagonistas. Os eventos que terán lugar o martes 6 e mércores 7 de setembro contarán entre outras con figuras como o cociñeiro con dúas Estrellas Michelín Javier Olleros ou o afamado xornalista e presentador Jesús Cintora. 

Estes encontros, de balde en Santa Clara, dan continuidade as actividades que tiveron lugar ao longo do mes de agosto co público infantil como principal obxectivo. Tamén estas semanas tiveron lugar diversas formacións en tornos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Axenda Urbana 2030 orientadas a colectivos da cidade como empregados municipais, asociacións ou Consellos Territoriais.

AUP 6 setembro

MARTES 6 DE SETEMBRO // 19.30 H – BIOCONSTRUCIÓN. CARA UN NOVO MODELO DE SOCIEDADE

A xornada contará cos arquitectos Carlos Quintáns Eiras e Cristina Ansede Viz, moderada pola xornalista María Hermida Feijoo.

Quintáns Eiras é profesor de construcción na Escóla Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña conta cunha ampla a premiada traxectoria no sector no que caben destacar premios como o León de Ouro da Bienal de Venecia no 2016 por Unfinished. Premio no 2016 de “Arquitecto del año ” polo Consejo Superior de Colegios de Arquitectos. Premio FAD de opinión no 2011. Mención da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2011. Premio de la “Feria Internacional de editoriales e revistas de arquitectura” Varios premios COAG e Julio Galán. Comisario de numerosas mostras é tamén director das revistas Tectónica, Archives, Universum e dos nº 33 e 34 do Obradoiro.

Pola súa banda a arquitecta Cristina Ansede forma parte do estudio de arquitectura AnsedeQuintáns con  sede en Vigo e Santiago. Adicados á redacción e direccións de obra de proxectos de rehabilitación, arquitectura de nova planta, reformas e interiorismo. Orientados tanto á promoción privada coma pública, algunhas das súas obras son resultado de propostas gañadoras de concursos de arquitectura.
Teñen participado en varias exposicións e impartido numerosas ponencias sobre a súa obra, recollida en varias publicacións especializadas.

A moderadora María Hermida Feijoo, “nai, muller e xornalista” conta con 20 anos de traxectoria dentro da Voz de Galicia onde defendo o “ xornalismo de rúa, do que se fai mirando aos ollos e non a unha pantalla”.

AUP 7 setembro

MÉRCORES 7 DE SETEMBRO // 19.30 H – COMPOSTAXE. FACENDO DOS RESIDUOS UN RECURSO.

César Mosquera, Impulsor do Plan Revitaliza. Concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade e Vicepresidente da Deputación de Pontevedra conversará con chef de O Grove Javier Olleros (2*Michelín)

A singularidade do seu restaurante Culler de Pau reside en boa mediada no territorio e o compomiso co entorno. A posta en valor dos proveedores, nexo de unión entre esas materias primas selectas da agricultura e pesca sostibles, e a cociña. En Culler de Pau se reivindica a sostenibilidade e a estacionalidade, polo que os menús están marcados polos productos de tempada é proximidade. Non falan só de cociña un entorno, seón de recuperalo a través dun diálogo constante cos produtores e a permanente interacción con eles. Principalmente traballan con dúas hortas, a ecolóxica de Adelina, un pequeño paraíso a carón do restaurante en O Grove, e a Finca Los Cuervos de Teo, preto de Santiago de Compostela.

O encargado de conducir a conversar será o afamado xornalista e presentador de radio e televisión, escritor e conferenciante Jesús Cintora. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Navarra ten presentado espazos como “Las Mañanas de Cuatro”, “Cintora a pie de calle”e “La línea roja” (Cuatro TV, Mediaset); “Las cosas claras” (TVE) e “Carretera y manta” (La Sexta, Atresmedia). Na radio, traballou na Cadena SER (1996-2011), onde coordinou a grella informativa de “Hoy por hoy”, con Iñaki Gabilondo, e dirixiu os noticiarios “Matinal”, “Hora 14” y “Hora 25 fin de semana”. Membro da redacción que iniciou as emisións dixitais de Radio Marca. Na editorial Espasa ten publicado os libros “No quieren que lo sepas”, “La Conjura”, “Conspiraciones” e “La hora de la verdad”. Conta con milleiros de seguidores en Twitter, Facebook e Instagram.