Deste este 31 agosto, a partir das 07.00 horas, quedará prohibido estacionar na rúa Aduana, se ben as restrición serán ampliadas durante a xornada do 3 de setembro
O Concello solícitalle á veciñanza que atenda as recomendacións propostas desde os corpos de seguridade e utilice os vehículos particulares para o imprescindíbel durante a celebración do sábado
O vindeiro venres, 2 de setembro, será o inicio da Feira Franca 2022. A Policía Local lembra que esta é unha celebración que principalmente sucede nas rúas do centro histórico, xera un importante tránsito de persoas e vehículos que se deixa notar en toda a cidade, de xeito especial nas entradas e saídas da mesma.
O Concello de Pontevedra ten xa preparado un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os problemas que carrexa este evento, cita na que participarán membros da Policía Local; Protección Civil, Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o espazo público permaneza e poida estar nas mellores condicións de uso para toda a cidadanía.
Perante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello de Pontevedra solicita a colaboración cidadán á vez que fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios (Mollabao; Pavillón de Deportes, explanada do Recinto Feiral; Avenida Bos Aires e Xosé Malvar; A Parda; Avenida de Vigo e Pasarón)) e, doutra banda, pídelles aos veciños e veciñas de Pontevedra que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible.
O operativo de tráfico trae consigo unha serie de medidas coma a restrición de estacionamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.
A continuación, poden ser consultadas as restricións circulatorias para vehículos e peóns:
CIRCULACIÓN DE VEHICULOS
- Vías pechadas o tráfico a partir das 10 horas do sabado
- Zona Monumental a partir do sábado día 3 ás 10.00 horas
- Arcebispo Malvar
- C. Pardo Bazán.
- Rúa Alameda desvio por Echegaray
- Galera
- Benito Corbal (tramo peonil)
- Rúa Michelena
- Dende aproximadamente das 14.00 horas do 3 de setembro será pechada a circulación de vehículos nas rúas da contorna da Praza de Touros, por mor da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara as rúas Víctor S. Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.
- A previsión de peche do perímetro da praza de abastos será sobre as 09 do sábado 3 de setembro.
- Peche puntual de vía pública
No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobian Roffinac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo.
CIRCULACIÓN DE PEÓNS
En principio, non se contemplan restricións a circulación de peóns.
ESTACIONAMENTOS DE VEHÍCULOS – Zonas prohibidas
Relación de rúas:
- Desde as 22 horas do venres 2 de setembro, queda prohibido estacionar na zona de carga e descarga da rúa Santa Clara
- Contorna da Praza de Touros
- Nostramo Lourido a partir das 07.00 horas do venres
- No resto do perímetro da praza de touros, queda prohibido o estacionamento a partir das 08.00 horas do sábado 3 de setembro
- Rúa Aduana dende as 09.00 horas do mércores 31 de agosto
- Dende as 22.00 horas do venres 2 de setembro, Avenida Bos Aires (reserva parada de taxis) dende Alfredo García Hermida ata rotonda Ponte Santiago, Serra, Julio Camba, e Valentin García Escudero
- Rúa Aduana partir das 07.00 horas do mércores 31 de agosto