Pontevedra pecha o seu Circuíto de Atletismo en Pista 2022 cun Trofeo Virxe Peregrina protagonizado por atletas de primeiro nivel e no que se homenaxeará a Santiago Ferrer polas súas ‘vodas de ouro’ coa Sociedad Gimnástica

77

Tras desenvolver un intenso calendario de atletismo entre os meses de maio e xullo, coa celebración de catro atractivas probas (trofeos Boa Vila, Sociedad Gimnástica e Cidade de Pontevedra e Memorial Celso Mariño), a Sociedad Gimnástica quere poñerlle a guinda ao Circuíto de Atletismo en Pista 2022 cun evento incluído dentro do calendario nacional: o XLVI Trofeo Virxe Peregrina, que se celebrará este sábado 16 de xullo pola tarde nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Nun ano cunha axenda internacional moi chea, esta proba, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e Supermercados Froiz e a colaboración da Xunta e a Federación Galega de Atletismo, resulta especialmente importante para algúns deportistas que buscan mellorar as súas marcas ou conseguir mínimas de cara ao Campionato de Europa que se celebrará en Múnich a mediados de agosto, o que se traducirá na presenza de destacados atletas nacionais e portugueses entre os arredor de 280 deportistas inscritos.


O trofeo foi presentado esta mañá no Concello nun acto no que participaron o adestrador e coordinador deportivo da Gimnástica, Santi Ferrer, e o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen asegurou que a celebración deste Virxe Peregrina “que xa é un clásico dentro da programación deportiva do verán de Pontevedra, que ten un prestixio acadado co esforzo dos anos, tanto a nivel de organización como de participantes, cualitativa e cuantitativamente, e que este ano contará na grella da saída con xente de moitísimo nivel, o que é un acicate para achegarse o sábado ata o CGTD e desfrutar do mellor atletismo”. Tal e como explicou Santi Ferrer, a competición dará comezo ás 18:10 horas con probas de categorías inferiores (de menores) “para animar o inicio do trofeo” e “a partir das 18:30 horas xa comezarían as probas de atletas absolutos coas semifinais de 100 metros lisos”, desenvolvéndose ao longo da tarde distintas disciplinas de carreira e concursos: salto con pértega, coa participación de atletas locais; disco, coa presenza de Pedro Cuesta, subcampión iberoamericano en 2016, que chegou a lanzar 61 metros; xavelina, coa actual campioa de España, Arantza Moreno, que vén do País Vasco a lanzar a Pontevedra con vistas a tentar unha mínima para o Campionato de Europa que se celebra en Múnich en agosto; e salto de lonxitude, con presenza portuguesa e galega, con atletas do club que este ano están a render a moi bo nivel, como Andrea Villverde, que vén de ser cuarta no Campionato de España sub 23 (cunha marca de 5,86), e coa catro veces campioa de Portugal Shaina Mags (cunha marca de 6,40)”.


“No que se refire ás carreiras -apuntou o adestrador da Gimnástica- contaremos en 100 metros masculinos co subcampión de Portugal, que acredita unha marca moi importante, de 10″18, e na categoría feminina con Adiaratou Iglesias, campioa paralímpica en 100 metros lisos nos últimos Xogos de Tokio, e Cristina Garrido, unha atleta do club que vén de ser quinta no Campionato de España sub 23. En valos virá unha atleta portuguesa subcampioa do seu país con 13″41, próxima á mínima internacional. E as probas de ouro, nas que máis competencia hai, coido que son o 800 metros masculino, con varios atletas que van pelexar por unha gran marca de 1’46”. Está prevista unha ‘lebre’ para poder correr a ese ritmo e a participación de atletas como Pol Oriach, campión de Europa sub 20 en 3.000 metros obstáculos, Saúl Martínez ou Eduardo Romero (que fará os labores de ‘lebre’ e correrá previamente os 400). Tamén se mobilizou moito a proba de 5.000 metros femininos, xa que nestes momentos só hai unha atleta con mínima para o Europeo de Múnich e virán aquí a Pontevedra as cinco ou seis primeiras atletas de España en busca dunha marca”.


Santiago Ferrer, protagonista dunha proba de lanzamento de disco moi especial


A celebración deste XLVI Trofeo Virxe Peregrina tamén servirá para render tributo a Santiago Ferrer (pai), que neste 2022 cumpre 50 anos na Sociedad Gimnástica. Tal e como sinalou o seu fillo, “coincidindo con estas vodas de ouro, desde a organización e a directiva do club queremos facerlle unha homenaxe: el foi adestrador de moitas probas, pero sempre tivo un ‘feeling’ especial co lanzamento de disco e, por iso, tentamos buscar atletas que foran adestrados por el ou que deportistas nacionais que coincidiran con el en campionatos internacionais aos que foi como adestrador, para que teña esa experiencia desde dentro dunha gaiola e dun círculo, lance con eles e comparta competición con atletas aos que lles ten moito aprezo e cariño”. “Ás 20:00 horas entregarémoslle un detalle -engadiu Ferrer- e farémoslle unha homenaxe a eses 50 anos de vida entregada ao club. Como fillo seu, sufrino, pero gratamente, xa que estou moi agradecido e orgulloso de que sexa o meu pai, porque penso que é un ferente en Pontevedra e Galicia e unha persoa moi querida no atletismo a nivel nacional”.


Entre os nomes destacados que tomarán parte neste XLVI Trofeo Virxe Peregrina figuran:


800ml: 

– Mohamed Attaoui (At. Torrelavega) 1’46”94 PB, 2022 Campión Esp Sub 23 Pc y Al en 1500ml

– Eric Guzmán (New Balance Team) 1’47”86 Bronce Sub 23 800ml 

– Elian Numa López (Coruña Comarca) 1’47”87 (Pb) 2021 Subcampión Esp Sub 23 800ml 

– Gonzalo Parra (Fent Camí Mislata) Oro Iberoamericano 3000m obs / 4º Cto. España 3000m obs (1’48”68 PB 800ml)

-Pol Oriach (Nike Running) Non ten marca en 800. 3’37”10 en 1500 (2022). Campión de Europa Sub 20 3000m Obs (2021)

-Saúl Martínez (Atletismo Numantino) 1’46”80 pb (2017) – 1’50”65 (SB-2022)

-Alejandro Estévez (Fent Cami Mislata) 1’46”00 pb (2013) – 1’49”87 (SB-2022)


1500ml:

– Miguel Moreira (SC Braga) 3’41”06 Subcampión de Portugal 1500ml 

– Francisco Rodrigues (SC Braga) 3’44”12 Bronce Portugal 5000ml / 4º en 1500ml


5000ml:

– Carla Gallardo (Independiente) 15’10”62 Campioa de España Campo a Través 

– Marta García (Bilbao Atletismo) 15’31”50 Campioa de España 5000ml 

– Blanca Fernández (Playas de Castellón) 15’33”39 PB, bronce en Campo a Través 

– Isabel Barreiro (Valencia Atletismo) Bronce Cto. España 5000ml 15’40”60

– Cristina Ruiz (Univ. Burgos) 5ª Cto. España 5000ml 15’36”19


100m:

– Frederico Corvelo – 10″18 subcampión de Portugal 100m 2022

– Pedro Bernardo – 10″41 MMP, bronce 2021 de Portugal


100mv:

– Catarina Queiroz (ACD Jardim da Serra) 13″41 MMP, subcampioa de Portugal 2022


110mv:

– Diogo Guerra (Maia AC) 14,31 MMP, 4º lugar no Campionato de Portugal 2022

– João Ribeiro Fontela (Sociedade Gimnástica de Pontevedra), MMP 14,21, Campión de Portugal en 2016 e 5 x campión nacional sub23


400ml:

– Bárbara Camblor, campioa de España de 400ml


Lonxitude:

 – Diogo Oliveira (Sporting Clube de Portugal), subcampión de Portugal de salto de altura con 2,10m e bronce en lonxitude en Portugal en 2022 con 7,31m

– Shaina Mags – 6,40 MMP, 4 x campioa de Portugal en loxintude e 1 x campioa en triplo salto


Xavelina:

– Arantza Moreno, campioa de España absoluta de Xavelina 4 veces consecutivas, 2019-2022 (59,69 MMP)


Disco:

– Pedro José Cuesta, subcampión iberoamericano en 2016 (MMP 61,95) e varias veces internacional con España

Os atletas de categorías sub 20 e superiores optarán a premios económicos por sectores. A mellor marca masculina e feminina de tódalas xornadas do Circuíto de Atletismo en Pista (segundo a táboa de puntuación WA 2017 de carreiras, saltos e lanzamentos), obterá un premio de 100 euros. Entregaranse seis premios en total: tres para homes e tres para mulleres.


Os participantes en categorías inferiores á sub 18 (incluída) de cada xornada entran no sorteo dun vale de material deportivo de 50 euros, trocable na tenda Miler Vintage Running Club (rúa Peregrina, 6, soto, Pontevedra). Despois das catro primeiras probas, os atletas que optan a gañar o Circuíto son:


+ En carreiras:  

– Juan Manuel Morales, do Marineda Atlético, 3000m marcha (1025
puntos)

– Raquel Meaños, do Valencia Club de Atletismo, 800ml (1017 puntos)


+ En saltos:

– Diego Míguez (CA Sada), triplo (844)

– Andrea Villaverde, Sociedad Gimnástica de Pontevedra / e EvaQueimaño, Super Amara BAT. Ámbalas dúas en altura con 849 puntos


+ En lanzamentos:

– Ignacio Fernández, Playas de Jandía, martelo (926 puntos)

– María Ezquerro, CA Sada, disco (781)

Ata a data, os gañadores dos sorteos foron:


1. XLVIII Trofeo Boa Vila: Celia Couto (Atletismo Rías Baixas)

2. XLVI Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra: Celia Álvarez (Sociedad Gimnástica de Pontevedra)

3. XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra: Alejandro Villaverde (Sociedad Gimnástica)

4. XXIII Memorial Celso Mariño: Candela Fernández (Asociación Atlética Mazi)