Tino Fernández felicita a Santiago Reverendo pola súa medalla de prata por equipos no Campionato de España de Ponis e deséxalle sorte para o Campionato Galego desta tarde

657

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiu esta mañá no Concello ao talentoso xinete pontevedrés Santiago Reverendo López, que vén de obter a medalla de prata por equipos no Campionato de España de Ponis celebrado en Segovia entre os pasados días 26 e 29 de xuño. Santiago, estudante do IES Valle Inclán de tan só 12 anos, xogador de fútbol do EF Portero 2000 e que practica equitación desde os tres anos e medio, acadou o segundo posto na primeira calificativa e disputou a final en categoría individual. “Compite desde os 5 anos e foi subcampión galego durante dous anos consecutivos”, salientou o edil socialista.


A categoría na que monta este rapaz é a de Ponis B, para nenos de entre 8 e 13 anos, que deben realizar saltos dunha altura superior a 85/90 centímetros. En Segovia, foron 50 binomios os que disputaban este Campionato de España, acadando a medalla de ouro o equipo cántabro.


Segundo explicou Santiago Reverendo tralo encontro con Tino Fernández, esta tarde, ás 16:30 horas, debutará na subcategoría de Ponis C2 no Campionato Galego da disciplina, cun poni C, que xa son máis altos”. “Vou cunhas expectativas bastante altas, pode ser que a pola medalla de ouro”, asegurou.