Aprobado inicialmente o PMUS cuxa exposición comeza unha xeira polos barrios da cidade até finais de setembro

79

Con esta aprobación por parte da Xunta de Goberno, iníciase o período de exposición pública que estará aberto até o vindeiro 31 de agosto para que as persoas interesadas presenten suxestións.

A exposición itinerante resumo trasládase hoxe á praza da Constitución e estará en distintos barrios até finais de setembro. 

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS) de Pontevedra. Esta aprobación inicial virá seguida un período de exposición pública que rematará o vindeiro 31 de agosto e no que as persoas interesadas poderán presentar as súas suxestións.

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías explicou que se trata “un fito” porque é un paso máis no modelo e supón a ruta a seguir nos vindeiros 10 anos.

O documento vivirá até o vindeiro 31 de agosto un proceso de participación activa con actividades dirixidas ás familias e conferencias abertas á veciñanza en distintos locais sociais da cidade (Leste, Burgo e Gorgullón). Ademais, o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez está a manter encontros sectoriais con distintas entidades e colectivos para presentarlle o documento e pedirlles que fagan suxestións.

O proceso de participación tamén consta dunha exposición itinerante que se inaugurou o pasado 22 de xuño na praza da Peregrina e que dende hoxe comeza a súa andaina por outros barrios da cidade. Dende hoxe estará na praza da Constitución, en Campolongo, onde permanecerá 15 días. A continuación seguirá por Barcelos, a pasarela, Monte Porreiro, a praza da Curtidoira e a praza da ponte do Burgo até finais de setembro.

O PMUS tamén pode consultarse en : https://pmus.pontevedra.gal/