O Concello pide a colaboración da veciñanza para redactar o PMUS, a Axenda Urbana e o proxecto de revisión do barrio de Monte Porreiro

34

A nova xeira de participación comezará a semana que vén co PMUS que se dará a coñecer na web municipal, cunha exposición, obradoiros para familias, xornadas de información, material divulgativo e reunións sectorais. 

O Concello de Pontevedra inicia a vindeira semana unha nova xeira de participación social para “botar a andar tres proxectos para o futuro de Pontevedra: a Axenda urbana, o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel) e o proxecto para revisar o barrio de Monte Porreiro. Segundo explicou esta mañá o concelleiro de proxectos urbanos, Demetrio Gómez, as tres liñas de participación “colocannos diante dos novos retos que ten pontevedra e só teñen sentido se serven para avanzar, mellorar a calidade de vida e aproveitar as potencialidades da cidade, e só pasa se son participados”.

Está previsto que se realicen exposicións no espazo público, edición de material divulgativo, mesas na rúa nas que os veciños poderán presentar as súas suxestións e alegacións, “pero tamén facermos actividades divulgativas e explicativas nas que poidamos recoller esta sopinións”, afirmou o concelleiro.

A xeira comeza a vindeira semana co PMUS, que estará publicado na web municipal ao longo da vindeira semana. Demetrio Gómez explicou que “ o PMUS será compromiso de Pontevedra pola calidade de vida e polo futuro do planeta; é unha parte importante do contribución do Concello ao futuro do planeta. Da a oportunidade de avanzar por unha senda de equidade, xa que Pontevedra é a única cidade do Estado para crear unha cidade de tráfico reducido para que sexa equitativa e que non supoña gasto aos veciños deste Concello”.

Ademais da publicación oficial na web municipal na que se poderán facer achegas, tamén se publciará unha web divulgativa “para facer eses contidos asequibles” e na que haberá unha breve enquisa para achegar propostas na redacción final do PMUS. Tamén se farán reunións sectoriais para explicar o documento. As primeiras serán a vindeira semana coa Fampa e a Federación de veciños Castelao.

O día 22 de xuño vaise inaugurar unha exposición na praza da Peregrina e editarase material divultativo para achegar a información do PMUS a todos os veciños e veciñas.

Haberá xornadas de participación para coñecer e recoller a opinión da veciñanza sobre o PMUS:

  • 22 de Xuño. Local social do Burgo 20 horas
  • 29 de Xuño: Centro social Gorgullón 20 horas
  • 2 de xullo. Centro Leste. 20 horas

E obradoiros para familiras nos que tamén se recollerá a opinión dos máis cativos e cativas.

  • 18 Xuño de 11 a 13 horas Edificio Castelao do Museo
  • 2 de xullo de 11 a 13 horas Edificio Castelao do Museo

“Agardamos que o PMUS sexa un documento do compromiso de Pontevedra co futuro da cidade, cos novos retos e a posibilidade de ter unha cidade equitativa; non estar discriminado por vivir nun sitio ou noutro ou por ter unha renda distinta”, explicou Demetrio Gómez.