Publicado o decreto da alcaldía polo que quedan acordadas as normas para a celebración das fogueiras do San Xoan 2022

517
Os particulares que queiran celebrar unha fogueira deberán solicitar o permiso necesario antes do 17 de xuño, ben por vía telemática, ben de xeito presencial 

Seguindo a tradición, o Concello acaba de publicar o decreto da alcaldía polo que se acordan as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán 2022. 

O prazo para a comunicación das fogueiras de San Xoán, na noite do 23 de xuño, estará aberto até o día 17 de xuño ás 13 horas, e poderá ser solicitado de xeito telemático ou de xeito presencial no propio Rexistro do Concello de Pontevedra, na planta baixa de Michelena 30, coa presentación debidamente cumprimentada do modelo 906. 

Como é habitual, o bando emitido desde o Concello de Pontevedra recolle todas as consideracións necesarias para a celebración segura e legal da tradicional noite de San Xoán. Dentro de estas normas, e a maiores da presentación da documentación necesaria, lémbrase que:

  • As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ás edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. As persoas asistentes á fogueira non poderán concentrarse a unha distancia inferior á do ancho da fogueira respecto do perímetro exterior.
  • Os materiais a empregar na combustión serán: leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense calquera outro tipo de material, especialmente: os neumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
  • Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.
  • A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros
  • Serán de obrigado cumprimento as normas sanitarias de distanciamento interpersoal, uso de máscaras, aforamentos máximos, limitación da mobilidade nocturna, medidas de hixiene e as de control pola persoa organizadora para evitar aglomeracións, así coma outras semellantes para previr os riscos de contaxio,