Os traballos de exhumación no convento de Santa Clara rematarán ao longo deste mércores

56
Os restos achados serán soterrados de novo no convento de Santa Clara da cidade de Santiago de Compostela, rexentado pola orde das Clarisas 

Este luns, 23 de maio, comezaron os traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara en Pontevedra. Segundo o sinalado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, esta actuación debería finalizar ao longo do día de mañá, mércores.

É o último proceso que quedaba por facer, logo da suspensión de enterramentos e clausura de cemiterio por parte do Concello de Pontevedra. A funeraria encargada dos traballos recibira a autorización da exhumación por parte da Xunta de Galicia hai uns días, procedendo esta semana con eles.

A día de hoxe foron escavadas nove tumbas, quedando outras seis por escavar. Os corpos que aparezan irán repousar  ao convento de Santa Clara situado na cidade de Santiago de Compostela, o primeiro que a orde das clarisas fundou en Galicia e fogar actual das últimas monxas que viviron no da Boa Vila.