Os concelleiros Iván Puentes e Yoya Blanco desfrutan das últimas tendencias en perruquería e estética na pasarela de Rizando o Rizo

75

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, achegáronse esta tarde ata a Praza da Peregrina para asistir á VI edición de Rizando o Rizo, na que unha decena de firmas locais de perruquería e estética exhibiron os seus traballos e conversaron sobre as tendencias e novidades do sector. A pasarela, organizada pola Asociación Provincial de Perruquería e Beleza en colaboración co Concello (a través da plataforma #PonteLovers) e a Deputación e conducida pola actriz e xornalista da TVG Fátima Mella, incluíu diversas entrevistas e desfiles, así como música en directo e unha actuación a cargo do mago Javier Muro.


As firmas que participaron no formato desfile son Begoña Acuña Maquillaje Profesional, Centro de Extensións Jossy, Perruquería Dona Bela, Perruquería Crazy Studio e Academia de Perruquería Rizo Belle. A sección de entrevistas estivo protagonizada por cinco conversas:


1. Lara Sade,de Lara Sade Imaxe Persoal, especializada en perrucas – ‘Os vestidos hoxe son capilares’.

2. Beatriz España, coach de beleza de Ilovmi, con rutinas faciais – ‘Rutinas faciais’.

3. Noelia Fontán, artista phibrows-microblanding – ‘Cellas sempre perfectas’.

4. Josefina Naveiras,da Clínica Médico Estética Estersa, sobre tratamentos que destacan a beleza – ‘Ti tes a beleza e nos facemos que destaque’.

5. Antonio Meirás, de Supermenta CBD, con produtos CBD – ‘Produtos CBD para o pelo e a pel’.