Chano Domínguez fixa o 15 de maio como nova data após a suspensión inicial do seu concerto en Santa Clara

18
O pianista deu positivo en Covid-19 mais a súa actuación só será demorada nove días, intre no que o seu piano invadirá a antiga igrexa 

O concerto de Chano Domínguez que ía ser celebrado o venres 6 de maio será finalmente o 15 de maio, domingo. O pianista non puido actuar no día sinalado polo programa logo de dar positivo en Covid.

A organización de Híbridas en Santa Clara tratou de buscar unha data o máis preto posíbel que lle permitirse ao gaditano ofrecer a súa música en Santa Clara, dentro do cilo ‘Pianos’, na antiga igrexa do convento. 

Así, o 15 de maio ás 20 horas, e sen necesidade de pagar ou reservar entrada, calquera persoa que queira poderá gozar dun dos músicos con maior fama á hora de combinar a tradición flamenca co jazz, apostando por un virtuosismo evidente para a mestura e a integración entre ritmos e linguaxes, xerando un estilo único que o sitúa entre os mellores músicos do mundo neste eido.