O Pavillón Multiusos da Xunqueira acollerá mañá a Copa Galicia de Fútbol Sala Adaptado 2022

15

As instalacións do Pavillón Multiusos da Xunqueira acollerán mañá, entre as 10:30 e as 13:30 horas, os encontros da Copa Galicia de Fútbol Sala Adaptado 2022, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado en colaboración coa Concellería de Deportes de Pontevedra. A competición, que se desenvolverá na categoría de Xogo, contará coa participación dos equipos Juan XXIII, Aceesca, Juan María e San Rafael, xogándose dous tempos de dez minutos en cada partido.


O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, subliñou “a importancia de que Pontevedra, a capital nacional do deporte, se converta tamén nun referente do deporte adaptado, para todos e todas, colaborando ao máximo para traer este tipo de torneos á cidade”. “Unha vez máis, queremos poñer de manifesto que o deporte non ten límites e poderemos desfrutar dunha apaixonante competición de fútbol sala de nivel autonómico”, apuntou o edil do PSOE.


O programa dos encontros será o seguinte:


10:30 horas: Juan XXIII – Aceesca


11:00 horas: San Rafael – Juan María


11:30 horas: Juan XXIII – San Rafael


12:00 horas: Aceesca – Juan María


12:30 horas: San Rafael – Aceesca


13:00 horas: Juan María – Juan XXIII


O acto de entrega de premios está previsto para as 13:30 horas.