A Concellería de Deportes e Saúde celebra mañá un Almorzo Saudable coas asociacións e entidades que participan en PonteSán e A Vida é Movernos para conmemorar o Día Mundial da Saúde

46

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, presidirá mañá, xoves 7 de abril, co gallo do Día Mundial da Saúde, un Almorzo Saudable con asociacións e entidades que participan na Feira da Saúde e o Benestar PonteSán e o programa municipal A Vida é Movernos. O evento terá lugar na terraza de El Cafetín ás 10:00 horas e contará coa presenza confirmada de representantes da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem Galicia), Asociación de Celíacos, Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Asseii), Lía Brea (Danza & Movimiento), Fútbol a Pé, Cruz Vermella, Asociación de Petanca, Club Taekwondo Taekanart, Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer Pontevedra), Down Pontevedra Xuntos, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes (Anedia), Liga Reumatolóxica Galega e Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo).

O Almorzo Saudable incluirá a lectura dun manifesto polo Día Mundial da Saúde (a cargo da socia de Asseii Rosa Mª Rodríguez Moure), cun decálogo de suxerencias e obxectivos para acadar o benestar integral das persoas, tanto a nivel físico como mental. O menú que se degustará estará composto por:


– Café natural

– Leite de vaca

– Bebida vexetal

– Infusións

– Auga natural

– Auga aromatizada de limón e menta

– Biscoito de cenoria

– Biscoito de plátano e chocolate

– Galletas artesás ecolóxicas

– Zumo de laranxa natural