A concelleira Yoya Blanco visita as instalacións do espazo gastronómico Via Nai e deléitase co sabor dos seus alfajores

99

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, visitou esta mañá as fermosas instalacións do espazo gastronómico Via Nai no número 22 da rúa Isabel II. Rexentado por Silvia Massetti, técnica superior en Dietética e instrutora en Saúde, Actividade Física e Alimentación (en estreita colaboración coa súa filla Mercedes), este establecemento oferta talleres de cociña grupais e personalizados, elaboracións caseiras, catas e presentación de produtores e, proximamente, ‘o brunch do mes’.


Yoya Blanco subliñou “a importancia de que unha capital gastronómica como Pontevedra posúa espazos especializados como este, que se preocupan de que tódolos seus produtos e talleres conten con información nutricional de calidade e que, ao tempo que nos convidan a desfrutar comendo, tamén coiden da nosa saúde”. “Mesmo romper a dieta por probar os seus alfajores, como fixen eu, é un pecado que vale a pena”, afirmou a edil socialista, que avanzou que Via Nai estará presente na segunda edición do festival das cociñas do mundo Mestizaxes.