Os concelleiros Yoya Blanco e Marcos Rey coñecen os servizos do autolavado de mascotas Kala

42

No marco das súas habituais roldas de visitas para coñecer as necesidades do comercio local, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegouse ata o establecemento de autolavado de mascotas Kala, situado na pasarela da rúa José Adrio, acompañada polo concelleiro de Benestar Animal, o tamén socialista Marcos Rey. Tras coñecer da man dos seus responsables, Tina Iglesias e José Caamaño (xunto co fillo destes e dunha alumna en prácticas), os magníficos servizos de perruquería, lavado, desparasitación, secado e tenda de produtos para o coidado de mascotas que se ofertan neste local, aberto na pasarela desde 2019 (con anterioridade estaba ubicado en Monte Porreiro), tanto Blanco como Rey tiveron oportunidade de saudar a un peludiño que estaba encantado da vida co trato profesional, os mimos, os coidados e, sobre todo, o ‘look’ que luce por ser cliente de Kala.


Durante a súa visita, a concelleira foi agasallada por Tina Iglesias cunha rosa, un tulipán e unha orixinal pegada de can elaborada en la que pode adquirirse neste negocio. “Ademais de seren unha auténtica ‘cucada’, o mellor destas pegadas é que os cartos adquiridos con elas son destinadas á causa do colectivo Huellas Felinas”, apuntou Yoya Blanco.