A concelleira de Igualdade e de Promoción Económica, Yoya Blanco, protagonizou esta mañá unha ‘tournée’ inaugural por algúns dos escaparates dos 15 establecementos comerciais de Pontevedra que participan no proxecto Mulleres da Vila 2022, enmarcado dentro do programa de actividades deseñado para conmemorar o 8M. Blanco, que estivo acompañada da fotógrafa e artista gráfica Patricia Maquieira, coordinadora da iniciativa, animou “a tódolos pontevedreses e pontevedresas a achegarse ata estes comercios para desfrutar desta fermosa mostra fotográfica e, de paso, coñecer ás valentes mulleres emprendedoras que están detrás dun labor sen o que, como xa subliñei, as rúas da nosa cidade non terían a vida, dinamismo, cor e alegría que as caracterizan”.
As 15 fotografías quedarán exhibidas nos escaparates durante o resto do mes de marzo coa finalidade de visbilizar e homenaxear o traballo das mulleres participantes. Asemade, o proxecto contempla a difusión dun vídeo no que elas mesmas contan as súas historias, que se dará a coñecer a través das redes sociais e que permitirá poñer en valor a coraxe, vontade, carisma e entrega que fixeron posible o seu éxito profesional e persoal.
Os negocios e mulleres participantes neste Mulleres da Vila son os seguintes:
Rúa Cruz Vermella
1- CUADERNA MAESTRA – MARÍA JOSÉ VÁZQUEZ
2- LAWEN- ART ESTUDIO – LAURA GALLEGO
Rúa Perfecto Feijoo
3- PELUQUERÍA D`KBEZA – EVA ESTÉVEZ E MARI CASALDERREY
Rúa San Antoniño
4-FRUTERÍA SONIA – SONIA MIÑÁN
Rúa Javier Puig
5-LIBRERÍA TINTEIRO – ELENA IGLESIAS
Rúa Gonzalo Gallas
6-LIZ ESPERÓN – ELISABETH ESPERÓN
Rúa Antón Fraguas
7-ESTILOARAMAR – VIVIANA ARAÚJO
Rúa Loureiro Crespo
8- AQUELARRE – MARÍA DIZ
9-Muebles Qka – CARMEN PEREIRA
10-ADMINISTRACIÓN DE LOTERIAS 7 – DORITA – ANA MUÍÑOS
Rúa José Adrio Barreiro
11- MERCERÍA LEMBRANZAS – GUADALUPE BOULLOSA
Rúa Pintor Laxeiro
12- OLLADAS – CENTRO ÓPTICO – ÁNGELES RIVEIRO
13- NURIA NERGA – NURIA NERGA
Rúa Fray Juan de Navarrete
14- TON SAC – MARIÁN BARROS
Rúa Peregrina
15- GRANO DE ORO – ADELA GRANADOS