A Orbil Parade medra e engade dúas figuras ás 8 existentes para implicar aos Bacharelatos de Arte da cidade

97


O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento, que decorou a peza ubicada nos Xardíns de Belas Artes, traballará nos próximos días coa artista residente Julia Lago en torno a realización do mural nos terreos de Tafisa

O Bacharelato de Artes do IES Xunqueira 1 está a decorar estes días o lobo colocado á entrada do Pazo da Cultura

O edifico Castelao do Museo, as prazas da Ferraría, Hospital Provincial, 8 de marzo e Cruz Vermella,  A Parda, o Mirador de Monteporreiro e o interior do Salón – cun Orbil branco que pintará a cativada asistente – completan a ruta


O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a Concelleira de Cultura visitaron hoxe unha das novas pezas da Orbil Parade. Fixérono acompañados polo estudantado de 1º de Bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento e a súa mestra – a ilustradora Belén Padrón – que traballaron varias semanas para plasmar todo o seu talento na figura en branco.

Ambos agradeceron o traballo levado a cabo moi exitosamente e deron a coñecer á rapazada a importancia de formar parte dun evento tan destacado e querido na cidade como o Salón do Libro, “un evento único no país e case do Estado e Europa”, apuntaba Miguel Anxo.

Intervencion do Bacharelaro Artistico do IES Frei Martin Sarmiento na estatua da Orbil Parade
Intervencion do Bacharelaro Artistico do IES Frei Martin Sarmiento na estatua da Orbil Parade

“Representar á muller na historia da arte e ás mulleres artistas “ foi o obxectivo deste alumnado, maioritariamente feminino, entre o que se atopan futuros/as fotógrafos, restautadoras, tatuadoras ou estudante de Belas Artes.

Tanto é o interese e implicación deste grupo que nos próximos días taballarán con Julia Lago, a artista residente do Salón que xa se atopa na cidade, en torno á concepción da idea que plasmará no mural dos terreos de Tafisa.  Julia, que xa coñece a cidade por tet estudado Belas Artes, xa ten bastante clara a idea e amosouse encantada coa implicación do alumnado  e coa oportunidade que lle ofreceron o Concello e o Salón, da man do Espazo Matrioska, para deixar a súa pegada.

Esta non é a única peza que contará o talento local e potencial do alumnado da cidade , xa que nestes días o Bacharelato de Artes da Xunqueira 1 está a intervir o lobo ubicado na entrada do Pazo da Cultura, onde a partir deste venres 11, bota a andar o Salón do Libro.

mapa Orbil Parade
Mapa Orbil Parade

Aínda que estas dúas pezas son a novidade, xa están repartidas pola cidade as 7 coloridas réplicas da mascota do Salón que se poden atopar nun mapa dentro do programa do Salón para participar na procura de Orbil. A Parda as prazas da Feraría, Hospital Provincial, 8 de marzo e Cruz Vermella, o Mirador de Monteporreiro, A Parda e, como non podía ser doutro mono no ano da arte, a entrada do Edificio Castelao do Museo. Tamén permancerá nas instalacións do Salón unha figura branca para que a cativada que visite do 11 ao 27 de marzo, poda deixar a súa pegada.

Congreso do Salón

Maña xoves 10 de marzo ás 16:30 horas a concelleira de Cultura Carme Fouces inaugurará a 1º xornada do IV Congreso de Mediación Lectora do Salón.  Moderada por Ana Seoane, a sesión deste xoves contará co ilustrador Xosé Cobas (homenaxeado este ano no Salón), a intervención dos convidados chegados do País Vasco Edurne Aizpurua Rakel Benítez e Isaak Aranberri con ‘Zumaiena, o gozo pola lectura. Unha aproximación desde a pedagoxía da confianza’,  Museo do Videoxogo de Cangas (MUVI) e a música e ilustradora Laura Romero.

Os xoves 17 e 24 terán lugar as restantes xornadas deste evento organizado en colaboración coa Universidade de Vigo que recuperar a presencialidade nesta edición e conta con máis de 120 persoas inscritas.