Tino Fernández desfruta da festa do Entroido da EEI Fina Casalderrey

30

O alcalde en funcións e concelleiro de Educación, Tino Fernández, achegouse esta mañá ata a EEI Fina Casalderrey de Monte Porreiro para desfrutar da festa de Entroido organizada pola súa comunidade educativa. Debido ás restricións que aínda existen por mor da Covid-19, o festival tivo lugar no pavillón do colexio, de xeito que foi posible gardar a distancia de seguridade entre as distintas clases e realizar unha celebración conxunta de tódolos alumnos do centro educativo ao mesmo tempo.


Tino Fernández quedou “gratamente sorprendido coa creatividade e resultado final dos disfraces exhibidos” polos nenos e nenas da EEI Fina Casalderrey, que decidiu centrar a temática deste Entroido nas distintas culturas do mundo, estudadas por cada clase ao longo do trimestre. Entre outros, desfilaron polo pavillón e bailaron para o resto de clases esquimais, exipcios, arxentinos, maias, hindús, xaponeses e marroquís.