Tino Fernández entrega as medallas do XXVII Campionato Galego de Campo a Través Adaptado

37

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, presidiu esta mañá na Illa das Esculturas o acto de entrega de medallas do XXVII Campionato Galego de Campo a Través Adaptado, no que se deron cita un centenar de deportistas pertencentes a 12 clubs autonómicos. 


Os competidores distribuíronse por categorías do seguinte xeito: 5 en competición +15M (maiores de 15 anos) e 2 en competición con parálise cerebral, que percorreron 3.200 metros; 3 en competición +15F e 25 en adaptado +15M, que completaron 2.100 metros; 8 en adaptado +15F, cunha distancia de 1.500 metros; 38 en xogo +15M e 20 en xogo +15F, cun percorrido de 600 metros, e un en xogo -15M (≤ 15 anos), que afrontaron un itinerario de 500 metros.