O Concello materá o pregón, transforma a Noite Pirata no Día Pirata, e volverá Ravachol que será queimado sen velorio nin cortexo fúnebre. Mantéñense as Murgas no Pazo da Cultura.
A Concellaría de Festas traballa nestes días no deseño dun entroido que conxugue a seguridade e a saúde pública coa recuperación da festa na rúa, un dos sinais de identidade de Pontevedra.
A portavoz do Goberno, Anabel Gulías adiantou esta mañá que hai elementos da programación tradicional que se poderán manter pero outros non.
Entre a programación que se manterá está o pregón que se celebrará nun espazo acotado e perimetrado, o concurso de Murgas ou a festa infantil.
A Concellaría descarta organizar o desfile de entroido ou a Noite pirata que pasará a ser o “Día pirata” con ambientación de barcos pola cidade durante ese día.
Tamén se presentará Ravachol e queimarase, pero non haberá velatorio nin cortexo fúnebre.
Ademais, está previsto que haxa pasarrúas para dar ambiente festivo á cidade durante toda a semana e outras actividades complementarias como unha exposición con carteis do entroido e outras imaxes icónicas.
Anabel Gulías explicou que o propósito é “recuperar a normalidade pouco a pouco”.