Os pequenos da EEI de Verducido coñecen mellor a súa escola grazas ao proxecto O Teu Cole na Historia

10

Un grupo de sete nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos da EEI de Verducido participaron esta mañá nun novo obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia, impulsado pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo Correo do Vento e o músico Antón Ke. A entretida narración de Kike Mauricio e Carlos Taboada, amenizada pola música de Antón Ke, xirou en torno ao fermoso mural realizado nesta escola en marzo do ano pasado, no que teñen protagonismo o encoro do Pontillón do Castro, a fervenza e os muíños que se poden atopar nesta privilexiada paisaxe natural e as figuras dunha leiteira e dun canteiro (así como un paxaro tan característico desta paraxe como un merlo).