Benestar Social organiza unha nova quenda de talleres de memoria para persoas maiores de 60 anos nunha ducia de barrios e parroquias de Pontevedra

47

Trala boa acollida dos obradoiros que se desenvolveron nos últimos meses do ano pasado, a Concellería de Benestar Social e o colectivo Acolle daranlle continuidade neste comezo de 2022 aos talleres de memoria e comunicación asertiva para persoas maiores. Esta reedición do programa municipal de formación de habilidades memorísticas, destinado a maiores de 60 anos que non teñen problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia, porase en marcha o 31 de xaneiro, terá unha duración de tres meses, e será impartida nos locais sociais e veciñais dunha ducia de parroquias e barrios de Pontevedra: Lérez, Marcón, Bora, A Parda, Centro Sur, Mourente, Ponte Sampaio, Tomeza, Estribela, San Roque, Salcedo e Casino Mercantil.

Segundo avanza o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, “poranse carteis cos contactos das asociacións veciñais de referencia nos locais correspondentes de cara a poder formalizar as inscricións dos interesados (os colectivos encargaranse de xestionalas directamente, establecéndose un aforo máximo de 15 persoas por curso)”. O edil do PSOE lembra que se trata de “talleres preventivos, que teñen a finalidade de garantir que os nosos maiores poidan saír da casa, xuntarse, traballar a memoria e exercitala para mantela en boa forma”.

O calendario coas datas e horarios concretos é o seguinte:

ESTRIBELAXoves, de 17:00 a 18:30 horas. Inicio: 03/02/2022
MOURENTEMartes, de 17:00 a 18:30 horas. Inicio: 01/02/2022
PONTE SAMPAIOMércores, de 16:30 a 18:00 horas. Inicio: 02/02/2022
BORALuns, de 17:00 a 18:30 horas. Inicio: 31/01/2022
MARCÓNLuns, de 17:00 a 18:30 horas. Inicio: 31/01/2022
SALCEDOVenres, de 18:00 a 19:30 horas. Inicio: 04/02/2022
TOMEZAMércores, de 19:00 a 20:30 horas. Inicio: 02/02/2022
A PARDALuns, de 19:00 a 20:30 horas. Inicio: 31/01/2022
CENTRO SURMartes, de 10:30 a 12:00 horas. Inicio: 01/02/2022
SAN ROQUEVenres, de 10:30 a 12:00 horas. Inicio: 04/02/2022
LÉREZDous grupos: Martes, de 19:00 a 20:30 horas; e Xoves, de 19:00 a 20:30 horas. Inicio: martes 1 de febreiro e xoves 3 de febreiro
CASINO MERCANTILMartes, de 16:30 a 18:00 horas. Inicio: 01/02/2022