Benestar Animal e Aecam organizan un curso de introducción ao mundo dos papagaios

25

A Concellería de Benestar Animal e o colectivo Aecam (Asociación Educativa e Cultural Animais do Mundo), en colaboración co centro veterinario Wapití, porán en marcha entre os meses de febreiro e marzo un curso de introducción ao mundo dos papagaios. O taller, no que se abordarán cuestións como a alimentación, o adestramento e a atención veterinaria, está aberto a particulares e profesionais que se queiran iniciar no universo das psitácidas ou aumentar o seus coñecementos sobre estes animais.


Segundo explica o concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, o obxectivo do curso, que será impartido de balde a través da ferramenta virtual Microsoft Teams (aínda que tamén haberá unha parte presencial) e que está aberto a un máximo de 25 persoas, “é ofrecer unha formación de calidade e coñecer os intereses dos participantes para asesoralos en todo o que precisen desde unha perspectiva multidisciplinar”. 


Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán obter máis información a través do email info@aecamgalicia.com e o teléfono 667 23 19 74 e inscribirse premendo no enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdRx82gelMKbLZmb2MQn6t7oXsyz8WWR0SXaXHnPUypHsD39Q/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0.