Xa á venda as entradas para o tradicional Concerto de Aninovo da OFCP o 1 de xaneiro ás 19:30h no Pazo da Cultura

56
  • A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra retorna desta volta baixo a batuta do director convidado Roberto Baltar Gardón e incorpora novidades á súa actuación
  • A primeira parte, con fragmentos da ópera Carmen, de Bizet contará contará coa voz da mezzosoprano Nuria Lorenzo,
  • Na segunda parte, con valses e e polkas poderemos gozar co Ballet de Galicia, que recentemente recibiu varios premios no Youth American Grand Prix celebrado en Berlín
  • A venda anticipada ten lugar xa mesmo en Ataquilla.com a con prezos entre os 10 e os 15€ máis gastos e de non esgotarse, na billeteira do Pazo o propio día 1, una hora antes do concerto

Un ano máis a programación cultural do Concello de Pontevedra bota a andar co tradicional concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, que dende hai anos ten lugar o propio día 1 de xaneiro no Auditorio do Pazo da Cultura. Este espectáculo, que adoita incorporar coros, solistas, ballet, gaitas e outras músicas –como o ano pasado con Abraham Cupeiro – buscou o xeito de celebrar tamén a pasada edición, cun aforo moi limitado e ofertando dous pases para poder chegar ao máximo de público posible, dado que é unha data moi agardada e con grande acollida polos amantes da música da cidade e atrae tamén público de outras poboacións, chamados pola orixinalidade e calidade deste.

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra formada por preto de 50 músicos e músicas, protagonizará o vindeiro 1 de Xaneiro de 2022, no Pazo Da Cultura de Pontevedra o seu tradicional concerto de Aninovo, baixo a dirección do mestre convidado Roberto Baltar.

A orquestra interpretará fragmentos da obra maestra de Bizet, acompañada pola mezzosoprano Nuria Lorenzo, onde se poderá gozar da beleza das melodías e instrumentacións de Carmen, un dos mellores libretos de ópera da Historia. E como non, unha segunda parte inspirada na paisaxe Vienesa, onde soarán valses e polcas, interpretadas con artístico esmero e coa colaboración do prestixioso Ballet de Galicia, baixo a dirección do coreógrafo Diego Landín. Un conxunto impecable que rematará co palmeo do público neste primeiro espectáculo cultural do ano.

As entradas están xa á venda en Ataquilla.com a partir de 12 €+ gastos (10€ para estudantes, maiores de 65 e desempregados) nas zonas C e D e acadarán un prezo máximo de 15€ + gastos nas zonas A e B na entrada xeral e de 12E+ gastos na entrada bonificada.

BalletdeGalicia
BalletdeGalicia

Nuria Lorenzo López

Nace en Vigo, Pontevedra. Licenciada en Canto polo Conservatorio Superior de Música da devandita cidade. Compaxina estes estudos coas clases maxistrais da mezzosoprano Helga Mueller Mollinari en Verona, Italia. No ano 2015 recibe a Medalla de Galega Destacada 2014 en recoñecemento á súa traxectoria profesional como cantante lírica e directora de coros. Gañadora do 2º premio nacional de España no concurso J. J. M. M, 1º premio de Galicia no concurso Música Xove, 1º premio á Excelencia Musical na Coruña e o 1º premio á Interpretación Musical en Vigo, así como finalista de varios concursos internacionais

Ballet de Galicia

Ballet de Galicia nace no 2017 baixo a dirección do coreógrafo Diego Landín. Cun enfoque internacional desenvolve, ao máximo nivel, a danza clásica e contemporánea. Institución única de proxección internacional. Además dunha asociación, Ballet de Galicia é un Centro Integral de Desenvolvemento. Como Escola Profesional de Danza abre as súas portas en setembro de 2020, e comeza a educar ás próximas xeracións de bailaríns e bailarinas. Este centro obtivo grandes resultados nos certames internacionais máis importantes do mundo entre os que cabe destacar o primeiro premio na categoría grupos no Youth American Grand Prix en su edición celebrada en 2021 en la ciudad de Berlín.