A Vida é Movernos organiza un Taller de Baile en colaboración coa Asociación Máis que Baile na Casa Cultural de Marcón

86

A Casa Cultural de Marcón acolleu onte pola noite unha aula do Taller de Baile organizado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Asociación Máis que Baile no marco do programa A Vida é Movernos. O obradoiro continuará a desenvolverse neste mesmo espazo o vindeiro martes 21 de decembro ás 21:30 horas e todas aquelas persoas que dexesen inscribirse poderán facelo a través do email ritapeso@hotmail.com ou do teléfono 615 323 296.


O propio tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, animouse a participar neste taller e a amosar as súas destrezas marcándose uns ‘agarrados’.