A diversión do Nadal aterra este sábado nas parroquias de Pontevedra da man do programa Pontexogos

58

Os tentáculos da diversión do programa Pontexogos 2021 estenderanse a partir desta fin de semana por diferentes parroquias de Pontevedra. Ao igual que acontecerá en Raíña Vitoria, as Galerías Oliva ou os barrios de A Parda e Monte Porreiro, a Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, tamén despregará no noso rural unha batería de obradoiros vencellados co Nadal, nos que os máis pequenos poderán pasalo en grande con actividades como manualidades, xogos predeportivos ou música.


O programa de talleres de Nadal desenvolverase en horario de tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, e dará comezo o sábado 18 de decembro en Ponte Sampaio, trasladándose o mércores 22 a Verducido, o xoves 23 a Lérez, o xoves 30 a San Andrés de Xeve e o martes 4 de xaneiro a Cerponzóns:


➢ 18 decembro: Centro Cultural e Social de Ponte Sampaio

➢ 22 decembro: Local Social de Verducido

➢ 23 decembro: Centro Cultural de Lérez

➢ 30 decembro: Teleclub de San Andrés de Xeve

➢ 4 xaneiro: Centro Social de Cerponzóns


Tal e como avanza a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, “para levar a cabo estes talleres contaremos cunha carpa móbil e dous monitores de tempo libre que se trasladarán a cada parroquia”. Os obradorios desenvolveranse seguindo o seguinte cronograma:


De 16:00 a 16:30 horas: Recepción dos nenos/as – Xogos de Presentación

De 16:30 a 18:00 horas: Manualidade de Nadal

De 18:00 a 19:00 horas: Taller de Maquillaxe de fantasía – tatuaxes de purpurina

De 19:00 a 20:00 horas: Xogos predeportivos – Música e xogos musicais.