Tino Fernández e Marcos Rey asisten ao acto inaugural da exposición itinerante ‘Heroes e heroínas’ no Palacete das Mendoza

64

O tenente de alcalde e concelleiro de Actividade Física e Saúde, Tino Fernández; o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e a deputada provincial Olga García Ballesteros asistiron esta mañá no Palacete das Mendoza ao acto inaugural da exposición itinerante ‘Heroes e heroínas’, organizada pola Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Asseii) en colaboración coa Deputación Provincial. Nesta presentación tamén participaron a presidenta de Asseii, Ángela Paz; a xefa territorial da Xunta en Pontevedra, Natalia Botana; o voceiro do Grupo Municipal do PP, Rafael Domínguez; o vicerreitor do Campus Universitario, Jorge Soto; o presidente do Foro Empresa, Arturo Ramírez, e o vicepresidente de Asem, César Maquieira, así como o portavoz de Asseii Víctor Loira e outros concelleiros da Corporación municipal.