O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, asistiu esta tarde no Centro Leste a un dos talleres de memoria e comunicación asertiva que o seu departamento desenvolve desde mediados de mes en colaboración co colectivo Acolle. Tal e como lembrou o edil socialista, “trátase de obradoiros que teñen un carácter preventivo, cos que buscamos que os nosos maiores poidan saír da casa, xuntarse e traballar a memoria e exercitala para mantela en boa forma nesta etapa da súa vida”.
Os talleres oriéntanse a persoas maiores de 60 anos que non teñen problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia e estanse a celebrar en 11 parroquias do rural e barrios de Pontevedra: Lérez, Marcón, Bora, A Parda, Centro Sur, Mourente, Ponte Sampaio, Tomeza, Estribela, San Roque e Salcedo.
A actividade púxose en marcha con algunhas sesións de inicio que serviron como reencontro entre os asistentes, que puideron desafogarse e contar como viviron esta complicada situación de pandemia.
Os horarios e días de desenvolvemento dos talleres serían os seguintes:
LUGAR DÍA HORA GRUPOS
(cada grupo terá entre 15 e 20 participantes, en función do aforo da aula)
LÉREZ XOVES 19:00-20:30 1
MARCÓN LUNS 17:00-18:30 1
BORA LUNS 17:00-18:30 1
A PARDA LUNS 19:00-20:30 2
CENTRO SUR MARTES 10:30-12:00 1
LÉREZ MARTES 19:00-20:30 1
MOURENTE MARTES 17:00-18:30 1
PONTE SAMPAIO MÉRCORES 16:30-18:00 1
TOMEZA MÉRCORES 19:00-20:30 1
ESTRIBELA VENRES 17:00-18:30 1
SAN ROQUE VENRES 10:30-12:00 1
SALCEDO VENRES 18:00-19:30 1