O alcalde expón as claves do modelo urbano no ‘Encontro Internacional sobre cultura accesible e inclusión’

23
A intervención foi realizada por videoconferencia e foi a primeira do foro, que busca a reflexión e o diálogo para desenvolver cidades mellores e máis amables
O encontro, que durará até o 26 de novembro, está impulsado polo Centro Cultural de España en México

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou este luns, 22 de novembro do 2021, no ‘Encontro Internacional sobre cultura accesible e inclusión’ organizado polo Centro Cultural de España en México co obxectivo de ser un espazo de reflexión e diálogo sobre a importancia que teñen as prácticas artísticas e culturais como ferramentas para o desenvolvemento humano, creativo, artístico e laboral das persoas con discapacidade.

Neste foro foron convocadas institucións tanto públicas como privadas, ONGs, xestores e xestoras, colectivos, intérpretes, creadoras, produtores, investigadores e axentes culturais, a dialogar sobre as súas prácticas para favorecer o ámbito cultural e a inclusión desde una perspectiva innovadora. Entre estes invitados, amais do alcalde pontevedrés, aparecen no programa nomes como MaríaAcaso, Xefa del Área de Educación del Museo Reina Sofía; ÁngelesLópez, da Rede de Museos para la atención a Persoas con Discapacidade; ou CostaBadía, artista e mediadora cultural especializada en diversidade funcional.

Miguel Anxo Fernández Lores fixo unha exposición na que tentou resumir a evolución da cidade dos últimos anos perante a idea de convertela nunha cidade máis accesible, unha cidade feita para as persoas, para calquera tipo de persoa. No seu relatorio, o rexedor, sinalou algunhas das medidas tomadas na cidade —límites de velocidade, implantación da plataforma única, creación dos aparcadoiros de borde e o estacionamento de 15 minutes…—, ademais dalgúns dos resultados máis visíbeis, como a redución dun 67 % menos de CO2 á atmosfera, ou as cero mortes por violencia viaria ao longo da última década.

Unha vez finalizada a exposición, o alcalde contestou algunhas preguntas formuladas por Pablo Raphael de la Madrid, Director General de Promoción y Festivales Culturales de la Secretaría de Cultura de México, que versaron sobre a Axenda 2030 e a importancia da Cultura e os eventos culturais no espazo público para a recuperación do espazo a creación de novas formas de accesibilidade.