O Gastroespazo do Mercado de Abastos celebra esta fin de semana a I Festa dos Cogomelos

170

O Gastroespazo do Mercado acollerá esta fin de semana a I Festa dos Cogomelos, organizada pola Asociación Gastronómica do Mercado en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco. O evento conta coa participación de sete establecementos do Espazo Gastronómico, que durante os vindeiros días 19, 20 e 21 de novembro elaborarán receitas cunha ducia de variedades de cogomelo.
En concreto, as propostas gastronómicas que se elaborarán con este produto serán as seguintes:


– A Pola: La Setísima Burger (9,95 €)
– A Fervella: Lentellas con Boletos (4,50 €)
– Poke-Umami: Poke temperado con sitake (4,50 €)
– Merluzateca: Pizzza Merluzoteca con Croca e Cantarelos (10 €)
– A Batea: Níscalos con mexillóns en escabeche (8 €)


A viñoteca O Quiñón encargarase de servir as bebidas para maridar á perfección con estes prazos.


A concelleira Yoya Blanco convida a tódolos pontevedreses “a aproveitar a tempada de cogomelos para probalos dun xeito moi diferente ao que están acostumados e desfrutar coa familia e os amigos desta festividade culinaria”.