Lores e a Alcaldía de París intercambian impresións sobre o futuro das cidades

8

O alcalde de Pontevedra acudiu á capital francesa a participar nunha entrevista convidado polo Canal Arte para expoñer o modelo de Pontevedra.

Aproveitou a súa reunión co tenente de alcalde da Maire de París para asuntos europeos, para entregarlle o galardón que lle concedeu as Cidades que camiñan (asociación que preside) no seu último congreso celebrado en Carballo.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá un encontro co tenente de alcalde da Maire de París para asuntos Europeos, Hermano Sanches Ruivo no que ambos responsables políticos cambiaron impresións sobre o futuro das cidades, e analizaron a situación das grandes e das pequenas urbes, como París e Pontevedra, así como a capacidade que teñen os seus rexedores para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas.

Fernández Lores trasladouse á capital francesa para participar esta tarde nunha entrevista do Canal Arte para que expoña o modelo de Pontevedra. Esta participación é a segunda parte dunha colaboración co Canal Arte que comezou o pasado 14 de outubro cando un equipo da canle especializada francesa se trasladou a Pontevedra a gravar unha reportaxe que completarán coa entrevista do alcalde.

Canal Arte está a elaborar unha programación máis ampla sobre as cidades e o seu futuro.

O alcalde de Pontevedra aproveitou a súa estancia para trasladarlle á Maire de París o premio que lle concedeu as Cidades que Camiñan, que Fernández Lores preside como alcalde de Pontevedra, no seu último congreso celebrado na localidade coruñesa de Carballo. Este premio quere recoñecer o traballo realizado pola capital francesa pola recuperación dos espazos públicos para os seus veciños e veciñas.