Rafa Méndez esperta o talento e axita a vocación pola danza nunha aula maxistral organizada pola Concellería de Deportes e a escola Getting Jiggy Dance Studio

46

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, clausurou esta mañá no Pavillón do Príncipe Felipe o workshop impartido polo prestixioso coreógrafo e bailarín canario Rafa Méndez, coñecido pola súa participación como profesor no programa de televisión de Cuatro ‘Fama, ¡a bailar!’ e actual capitán en The Dance, de TVE. A aula maxistral de Méndez, que dará outra clase esta mesma tarde no local da escola Getting Jiggy Dance Studio, cautivou a tódolos rapaces participantes, axitando a súa vocación pola danza e espertando o seu talento e gañas de traballar duro.


Fernández agradeceu ao carismático bailarín “a súa entrega e cercanía con esta actividade, enmarcada dentro dun programa que se chama A Vida é Movernos e que precisamente puxemos en marcha hai uns meses cos alumnos e alumnas da escola Getting Jiggy”, que coordina a fantástica bailarina e coreógrafa Verónica Aboy. 


No currículo de Rafa Méndez destacan as súas colaboracións con artistas da talla de Geri Halliwell, Tiziano Ferro, Patricia Manterola, Luca Tommassini, Melody, Atomic Kitten, Holly Valance ou Eric Prydz. Ademais, foi coreógrafo da cadea musical MTV Internacional.