A Concellería de Benestar Social e o colectivo Acolle desenvolverán talleres de memoria para maiores de 60 anos en 11 parroquias e barrios de Pontevedra

38

A Concellería de Benestar Social e o colectivo Acolle desenvolverán a partir do 15 de novembro e durante dous meses uns talleres de memoria e comunicación asertiva para persoas maiores en 11 parroquias do rural e barrios de Pontevedra. Os obradoiros están orientados a persoas maiores de 60 anos que non teñen problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia e terán lugar en Lérez, Marcón, Bora, A Parda, Centro Sur, Mourente, Ponte Sampaio, Tomeza, Estribela, San Roque e Salcedo.


“Trátase pois de talleres preventivos, cos que se busca que os nosos maiores poidan saír da casa, xuntarse e traballar a memoria e exercitala para mantela a maior parte do tempo posible”, explica o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey.


Este ano, tralo obrigado parón pola pandemia da Covid-19, levarase a cabo algunha sesión de inicio que servirá como reencontro entre os asistentes e tamén para que poidan desafogarse e contar como viviron esta complicada situación, xa que, como sinala Marcos Rey, “as reunións e contactos foron cada vez menores nesta época”. Segundo indica Rey, “trátase duns talleres moi consolidados, cuxas inscricións se xestionan directamente a través de asociacións veciñais de diferentes parroquias e barrios coas que colabora desde hai uns anos o colectivo Acolle”.

Os horarios e días de desenvolvemento dos talleres serían os seguintes:

COMEZO 15 NOVEMBRO 2021

LUGAR                  DÍA                 HORA         GRUPOS

(cada grupo terá entre 15 e 20 participantes, en función do aforo da aula)

LÉREZ                 XOVES        19:00-20:30    1

MARCÓN                LUNS        17:00-18:30    1

BORA                 LUNS        17:00-18:30    1

A PARDA                 LUNS        19:00-20:30    2

CENTRO SUR MARTES        10:30-12:00    1

LÉREZ                 MARTES        19:00-20:30    1

MOURENTE         MARTES        17:00-18:30    1

PONTE SAMPAIO MÉRCORES  16:30-18:00    1

TOMEZA                 MÉRCORES  19:00-20:30    1

ESTRIBELA         VENRES        17:00-18:30    1

SAN ROQUE         VENRES        10:30-12:00    1

SALCEDO         VENRES        18:00-19:30    1