A Casa Consistorial iluminarase de cor verde durante catro noites co gallo do Mes da Artrite Reumatoide

16

O tenente de alcalde e concelleiro de Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, e mailo edil de Benestar Social, Marcos Rey, estarán mañá ás 20:30 horas na Praza de España, xunto con membros da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) para asistir ao acendido da luz de cor verde que iluminará a Casa Consistorial durante toda a fin de semana para conmemorar o Mes da Artrite (cuxo día se celebra o 12 de outubro co obxectivo de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade pouco frecuente). A iluminación permanecerá prendida durante catro noites seguidas, desde a de mañá, xoves 30 de setembro, até a do domingo 3 de outubro.


Trátase dunha das accións previstas por Asearpo durante este mes para visibilizar e dar a coñecer a patoloxía da artrite e a tódalas persoas que sofren algunha das súas versións (reumatoide, psoriásica, espondiloartropatía, AIJ…), así como a espondilite.