Ponteverán logra un éxito de asistencia con actividades para toda a rapazada

35

A gran maioría de actividades programadas están a cubrir todas as prazas dispoñíbeis

A programación de Ponteverán avanza sen incidencias tal e como estaba previsto. A iniciativa que parte do departamento municipal de Xuventude xira arredor de tres eixes fundamentais: arte, tecnoloxía e natureza, como catalizador de lecer para a mocidade de Pontevedra.

As actividades que aínda dispoñen de prazas libres agardan ser ocupadas. Son de balde e só requiren completar un formulario na seguinte ligazón: 

https://apuntate.pontevedra.gal/categoria/ponteveran/

«Sexa nas actividades da Casa da Luz ou no Mercado, toda a rapazada está saíndo moi contenta porque fan actividades tempo libre que ademais lles aportan coñecemento, como poesía ou holografía», sinala o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. «Son actividades que facemos desde Xuventude tratando de buscar sempre cuestións que resulten interesantes para os nenos e as nenas, ben relacionadas coa tecnoloxía ou coa cultura»

«Só podemos facer unha valoración moi positiva até o de agora», explica Oubiña. «Está sendo un verán atípico, por iso é importante que a rapazada teña a posibilidade de ter un ocio alternativo para gozar e aprender. Continuaremos a programar neste sentido, pois sabemos que estes rapaces e rapazas teñen moito que dicir e as actividades tamén funcionan nese sentido, para saber que cousas lles suscitan interese».