Os pequenos ‘masterchefs’ do Ganapán farán ‘chips’ de plátano e guacamole e tortilla francesa nos talleres do Espazo Gastro desta fin de semana

14
  • Os obradoiros previstos no Mercado de Abastos para o sábado 17 e o domingo 18 tamén propoñen a creación de tarxetas de invitación con sabor a limón e de divertidos bonecos vexetais
  • A reserva de prazas poderá realizarse a través da dirección de correo electrónico oganapan@gmail.com antes das 16:00 horas do día anterior á celebración das actividades

Os talleres de lecer infantil O Ganapán chegan esta fin de semana ao primeiro andar do Mercado de Abastos cunha proposta culinaria perfecta para que os pequenos ‘masterchefs’ poñan a proba as súas destrezas no Espazo Gastro: un petisco fresco, saudable e orixinal, perfecto para compartir coas amizades durante o verán, como son un ‘chips’ de plátano con guacamole (o sábado 17 de xullo) e unha versión propia e algo diferente dun dos pratos máis populares e deliciosos dos nosos veciños franceses, a ‘omelette’ ou tortilla francesa de toda a vida (o domingo 18 de xullo).

O programa impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, tamén plantexa uns obradoiros moi entretidos e interesantes no seu Espazo Crea. Así, o sábado 17, os nenos e nenas participantes poderán confeccionar unhas orixinais tarxetas con sabor a limón, perfectas para organizar festas e convidar aos amig@s, mentres que para o domingo 18 proponse a creación dun divertido boneco vexetal chamado Señor Pasteiro, ao que, se o coidan ben, se lle poderá ver medrar o cabelo.

Yoya Blanco lembra que os talleres, dirixidos a rapaces de 4 a 10 anos, “desenvolveranse en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas”, sendo imprescindible reservar praza “antes das 16:00 horas do día anterior á celebración das actividades a través da dirección de correo electrónico oganapan@gmail.com”. “Recoméndolles a todos que non esquezan a súa friameira para levar a casa o que cociñen”, apunta a socialista.