O Concello de Pontevedra recibe a moeda conmemmorativa do lanzamento do Perseverance

23

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores vén de recibir unha moeda conmemorativa do lanzamento do Mars 2020 Perseverance que lle remitiu o enxeñeiro aeroespacial pontevedrés, Fernando Abilleira, membro do equipo de aterraxe do Perseverance en Marte e que ten impartido varias conferencias sobre a Misión a Marte na cidade do Lérez.

Neste agasallo remitido ao nome do alcalde, Fernando Abilleira achega as seguintes palabras: 

“Moitas grazas polo teu apoio e interese na exploración do sistema solar. Adxunto unha moeda conmemorativa do lanzamento do Mars 2020 Perseverance. Espero que che guste. Galicia tamén está en Marte. Apertas!”

O alcalde mantivo contacto con Fernando Abilleira horas antes dese fito histórico, e felicitouno polos logros. Tamén o convidou a volver a Pontevedra e a manter outro encontro cos veciños e veciñas para explicar esta última exitosa misión a Marte.