‘Espírito Montuno’, a campaña para promover o orgullo polo monte pontevedrés

57
  • Trátase dunha campaña en redes e nas rúas que se complementa cun programa de actividades nos tres parques forestais ao longo do mes de xullo
  • O obxectivo é dar a coñecer o anel verde periurbano que conforman A Fracha, A Tomba e O Pontillón e a súa función como espazos de ocio e para o deporte, así como o seu valor medioambiental  

O concelleiro responsable de Montes, Alberto Oubiña, presentou esta mañá a campaña ‘Espírito Montuno’, indicando que será “a imaxe desde hoxe dos parques forestais de Pontevedra”. Explicou que con esta campaña “queremos dar a coñecer os espazos que conforman o anel verde perimetral da cidade, e promover que as pontevedresas e os pontevedreses nos acheguemos ao monte e que o valoremos”. Tamén asegurou que coa campaña se intenta “amosar o compromiso deste Concello cos valores de conservación e promoción das contornas rurais e a loita contra o cambio climático e, por suposto, que sintamos o monte como noso”.

Alberto Oubiña fixo especial fincapé na idea de “espertar e reivindicar o orgullo pontevedrés que está moi presente cando falamos da cidade, pero queremos trasladalo tamén aos nosos montes”. Neste sentido, cualificou os tres parques forestais do Concello “como os pulmóns da cidade e espazos nos que facer deporte ou actividades de ocio”. 

‘Espírito Montuno’ vai ter continuidade nos vindeiros meses con diversas accións nas redes e nas rúas, e incorporando unha web (montes.pontevedra.gal) na que poder consultar información relacionada con todos os parques forestais, como a localización ou curiosidades, e participar enviando fotografías pra incorporalas nunha galería amateur.

A campaña compleméntase cun programa de actividades para todas as idades e en todos os parques forestais que darán comezo a vindeira semana. Todo o catálogo de actividades está accesible no web de montes, onde se poden consultar as características das actividades, datas, idades de participación, material recomendado, así como o formulario de inscrición.

Este programa de actividades inclúe obradoiros de creación artística, visionado de estrelas, observación de aves, rutas en bicicleta ou actividades de orientación nocturna. Ademais, tanto no deseño da campaña como na organización e desenvolvemento das actividades están implicadas máis de 10 empresas e autónomos locais.

Programa de actividades

Parque forestal da Fracha

– Obradoiros de creación artística sobre arte e natureza.

  • Datas: 26 xuño e 24 e 31 de xullo
  • Horario: 11.30 h
  • Duración: 1,5 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 12 nenos e nenas

– Observación de aves forestais.

  • Datas: 26 de xuño e 10 e 17 xullo
  • Horario: 09.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 18 anos
  • Prazas: 12 persoas
  • Bicicleando. Roteiro guiado en bicicleta de montaña pola ruta laranxa do parque forestal da Fracha. Cunha lonxitude de 10,8 km e 360 m de desnivel positivo acumulado, farase un percorrido por este trazado, saíndo da área de lecer de Outeiro Navío e voltando á mesma.
  • Data: 27 de xuño
  • Horario: 11.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 12 anos. Todos os menores deber asistir acompañados dunha persoa adulta responsable do mesmo (pai, nai ou titor legal).
  • Prazas: 30 persoas

– Orientación nocturna

  • Data: 16 de xullo
  • Horario: 22.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 18 anos
  • Prazas: 26 persoas

Parque forestal da Tomba

– Natureza e creatividade

  • Datas: 3, 10 e 16 de xullo
  • Horario: 11.00 h
  • Duración: 1,50 h
  • Idades: 7 a 12 anos
  • Prazas: 8 nenos/nenas

– Buscando o norte

  • Datas: 4, 11 e 18 de xullo
  • Horario: 10. 30 h
  • Duración: 3 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 20 persoas

– Mar de estrelas

  • Datas: 2, 9 e 16 de xullo
  • Lugar: A Tomba. Miradoiro do Torreiro
  • Horario: 23.00 h
  • Duración: 2 horas
  • Idades: maiores de 18 anos
  • Prazas: 20 persoas

Parque forestal do Pontillón

– A procura do tesouro

  • Datas: 3, 10 e 24 de xullo
  • Horario: 10.30 h
  • Duración: 3 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 20 persoas

– Na boca do encoro

  • Datas: 31 de xullo
  • Idades: a partir de 18 anos

– Como é a auga?

  • Datas: 17, 24 e 31 de xullo