A gastronomía e a cultura mexicanas serán as protagonistas dos vindeiros talleres de O Ganapán

26
  • Os obradoiros organizados para o sábado 5 e o domingo 6 de xuño propoñen unha viaxe polo país azteca coa elaboración de fajitas e nachos e o deseño de mariachis e catrinas
  • A concelleira Yoya Blanco lembra que as inscricións deberán realizarse no email oganapan@gmail.com antes das 16.00 horas do día anterior ao desenvolvemento das actividades

O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado no Mercado de Abastos pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, propón esta fin de semana aos máis pequenos unha viaxe pola gastronomía e a cultura de México. Entre as actividades deseñadas, orientadas a nenos e nenas de 4 a 10 anos, inclúense talleres de elaboración de ‘fajitas’ e nachos (no Espazo Gastro) e obradoiros de manualidades nos que se crearán elementos artísticos representativos da idiosincrasia azteca e mesmo uns divertidos mariachis.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, convida aos rapaces de Pontevedra “a cruzar o océano Atlántico para visitar México” e participar “no que será a celebración dunha festa mexicana en condicións, con música e comida colorida e moi divertida”. A edil socialista lembra que, para asistir ás actividades (que se celebrarán námbalas xornadas en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas, con seis nenos por grupo), “será necesario reservar praza previamente na dirección de correo electrónico oganapan@gmail.com, pechándose as inscricións ás 16:00 horas do día anterior ao desenvolvemento das mesmas”.

Segundo avanza Blanco, a exploración da cultura gastronómica mexicana iniciarase o sábado 5 “coa preparación dunhas saborosas fajitas” e, dado que “cando comezamos a probar esta comida xa non podemos parar”, continuará o domingo 6 coa elaboración duns nachos crocantes e deliciosos”. “Que ninguén se olvide de traer a súa friameira -asegura a concelleira do PSOE-, porque de seguro que as mamás e papás tamén estarán encantados de probar estes irresistibles pratos”.

No que atinxe ao Espazo Crea, a visita a México a través do padal completarase o sábado co deseño de diversos elementos artísticos (como máscaras de catrinas) e o domingo coa creación de maracas e duns simpáticos mariachis.