O tradicional concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, unha viaxe polo mundo da man de Abraham Cupeiro

345
  • A cita coa que dende hai anos Pontevedra dá a benvida ao Aninovo, terá lugar o día 1 no Pazo da Cultura con pase dobre ás 17:30 e 20h.
  • Contará co director convidado Rafael Agulló Albors, a colaboración de Cupeiro como solista multi-instrumentista e preto de 50 músicos/as da orquestra.
  • As entradas están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 12€+ gastos (10 para Carné Xove, desempregados e maiores de 65). De non esgotarse, na billeteira de 15:30 a 16:30 e de 18 a 19h o propio día do concerto.

Un ano máis a concelleira de Cultura Carme Fouces presentou unha colaboración típica destas datas: unha nova entrega do Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra á que quixo “agradecer o seu traballo e implicación  por deleitarnos con este espectáculo todos os anos e achegar propostas que de entrada poden parecer arriscadads pero van sobre seguro pois contan sempre co mellor do mellor. Desta volta, esta colaboración especial será a do solista multi- instrumentista Abraham Cupeiro, que sonará por primeira vez no Pazo”. 

Fouces, acompañada polo citado solista, o recén nomeado presidente da OFCP Carlos Cabaleiro e a vicepresidenta da mesma, Judtih Rey, salientou que, motivado polas restriccións nos aforos, o espectáculo contará con dous pases, un ás 17:30h e outro ás 20h e bromeou con que “son a excusa perfecta para levantarse da mesa e poñer fin aos compromisos dese día” e que os prezos serán coma sempre populares: 12€ a entrada xeral e 10€ para Carné Xove, desempregados e maiores de 65. “Un concerto deste nivel en calquera lugar sabemos que tería presos moito máis elevados. Son un agasallo ideal para estas festas ou para achegarnos nós mesmos e deixarnos sorprender”.

Judtih Rey, ata hai uns presidenta da OFCP, aproveitou a ocasión para presentar ao seu sucesor Carlos Cabaleiro (quen sinalou o ilusionante desta etapa que comeza e agradeceu o traballo do equipo directivo) e quixo destacar a colaboración do director convidado, Rafael Agulló Albors, que adoita ser o director titular da Banda de Música de Pontevedra. Rey debullou o programa adiantando que “constará de dúas partes: unha primeira de músicas do mundo, da man de Cupeiro, e a segunda que nos trasladará a Viena cos tradicionais valses e polkas. E coma sempre, haberá sorpresas.”

Pola súa banda, o convidado especial desta edición, o solista multi-instrumentista Abraham Cupeiro prometeu co seu discurso sonoro da 1ª parte iniciar o tan desexado 2021 viaxando ás profundidades mariñas, xunglas, desertos e ata os confíns do mudo da man da música feita dende o corazón dos pobos. “O ser humano ten unha necesidade vital que é a de facer música, dende tempos pretéritos Traio instrumentos feitos con elementos da natureza que precisan unha segunda oportunidade. De África, Sudamérica, Mongolia, ou como esta flauta feita con xunco do río Níger, e como el moitos outros que se deben facer cunha planta concreta para que soe como debe. Convido a pechar os ollos e facer iso que agora non podemos: viaxar. Viaxar por un planeta que da mostras de cansancio e un estrés que obriga a que nós nos convirtamos en protagonistas para revertir esta situación.”

Cupeiro amosou a súa ledicia de achegar á cidade, que definiou como “un oasis urbanísitico” este proxecto que “tivo o seu xérmolo na cidade e que xa pasou pla Banda de Música de Pontevedra, e importantes orquestras como a de Bilbao, Orquestra Filharmónica de Gran Canaria, a Real Filharmonía de Galicia e o disco, que se gravou coa Royal Philharmonic nos estudios Abbey Road de Londres. En formato con orquestra, está será a primeira vez en Pontevedra.