#MalaChispaTeComa2020, o hashtag co que a Concellería de Desenvolvemento Sostible anima a tódolos pontevedreses e pontevedresas a despedi-lo ano

18

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista Tino Fernández, Yoya Blanco e Marcos Rey achegáronse esta mañá ata a Praza de España para inaugurar o novo photocall que a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural instalou na zona verde próxima ao monolito do km 0 no marco do proxecto ‘Xardíns que falan’. O concelleiro responsable da iniciativa, Iván Puentes, considera que “esta mensaxe resume dun xeito moi noso ese desexo que temos todos de que este pesadelo da Covid-19 remate canto antes e poidamos ir recuperando a normalidade coa chegada de 2021”. “Animo a tódolos pontevedreses e pontevedresas a facerse unha fotografía neste photocall e a etiquetarse co hashtag #MalaChispaTeComa2020, como un exercicio de catarse e de retranca grupal que nos permita, a pesar de todo, despedir este ano cun sorriso”, asegura Puentes.