Zafarrancho de limpeza extraordinario na rúa Pintor Luís Seoane

10

A Concellaría de limpeza viaria, que xestiona Raimundo González, realizará mañá pola mañá unha limpeza extaordinaria da rúa Pintor Luís Seoane, dende o cruzamento da avenida de Vigo até o final da rúa, que non ten saída.

Os traballos que se van realizar serán rozas, baldeos, limpezas mecanizadas e manuais, así como varridos e outros labores para deixar adecentada toda a zona.

Para facer o zafarrancho é necesario prohibir o estacionamento a partir das 22.00 horas de hoxe. A sinalización xa está colocada en valados informando da hora que se prohibe o estacionamento.