O Concello leva destinado máis de 70.000 euros en limpeza e desinfección por mor da Covid

3
  • Trátase do reforzo específico nesta materia en zonas críticas e sensibles nos ámbitos urbano, periurbano e rural
  • Tamén se cuantifica a contratación do servizo de recollida de lixo porta a porta para persoas infectadas de Covid, que deu servizo a 78 domicilios desde o inicio da crise sanitaria

O informe sobre os servizos de limpeza e desinfección no ámbito rural e urbano e recollida de residuos derivados da situación sanitaria ocasionada pola Covid cuantifica en 71.975,50 euros o gasto municipal nesta materia. Segundo informou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías trátase da cuantificación dos traballos realizados por emerxencia,  desde o inicio do estado de alarma ata o 25 de outubro.

Así, a contratación do reforzo da limpeza e desinfección específica en zonas ou puntos críticos ou sensibles do ámbito urbano e periurbano ascendeu a 21.364,73 euros.

Para a desinfección en colectores e illas de reciclaxe do ámbito urbano e periurbano destináronse 20.779,45 euros.

Para desinfección específica con pulverizador de produtos desinfectantes en puntos do ámbito rural destináronse 19.223, 91 euros

Para limpeza e desinfección de dependencias municipais ante aparición dun posible caso de Covid, destináronse 1.693, 61euros

Para a recollida porta a porta dos residuos xerados nos domicilios de persoas infectadas por Covid destináronse 8.913,80 euros. Neste apartado, convén lembrar que o total de domicilios atendidos desde o inicio da crise sanitaria ascende a 78 e que neste momento a recollida se mantén activa en 17 domicilios.