O XXII Salón do Libro de Pontevedra terá lugar do 5 ao 21 de marzo do 2021 baixo o lema “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”

119
  • Celebrarase adaptado as medidas e restricións vixentes no momento e cun formato mixto que combine a presencialidade e o virtual.
  • Buscará o espallamento pola cidade e a deslocalización de parte das actividades cara espazos abertos e ben ventilados
  • Homenaxeará de novo as figuras de Kiko Dasilva e Helena Villar Janeiro por mor da cancelación das actividades previstas na pasada edición.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces deu conta esta mañá dunha “desexada nova edición do Salón do Libro. Un proxecto moi querido no que traballamos moitos meses e no que invertimos moita enerxia. O ano pasado tivemos a desgraza de pechar logo de 6 días de apertura, transformámolo con éxito en virtual e a nosa intención e ter unha planificación que permita que no nos atopemos de novo nesa situación”.

As datas de celebración escollidas para a que será a edición número 22 do Salón Intenacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra serán do 5 ao 21 de marzo de 2021 baixo o lema, que os centros escolares coñecen hai meses, “Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta”. “Non podía ser doutra maneira. Temos que tratar a temática actual sen saír do que significa o Salón como proxecto de animación á lectura pero é necesario falar de todo o que está a acontecer co apoio e soporte dos libros. Tentaremos conectar ao máximo co proxecto Efecto PO2 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: nós  estamos a a traballar en todos os ámbitos, tamén no cultural, para poder dar conta deles”, apuntou Carme.

As figuras homenaxeadas serán novamente Kiko Dasilva e Helena Villar xa que por mor do peche da pasa edición a organización considera que non tiveron a homenaxe que merecían xa que o acto non se chegou a celebrar e as exposicións organizadas en torno a ambos teñen contido moi interesante e valeroso que moita xente quedou sen ver.

Con respecto a o país convidado, presente dende hai varias edicións, a responsabilidade respecto á situación sanitaria e a previsión de que as restricións de mobilidade continuarán, Fouces apuntou que “non existirá país convidado como tal pero contaremos co planeta como centro de reflexión. Se algo nos demostrou esta pandemia é que estamos todos e todas conectados independentemente do lugar do globo no que nos atopemos, o fío conuctor é que somos humanidade, cada un coa súa cultura, experiencias, etc. e debemos compartilas”. Este apartado contará coa “colaboración inestimable” da Coordinadora das Escolas Unesco que facilitará a interacción con Latino América, diferentes puntos do estado español, etc. grazas á creación dunha plataforma de comunicación e participación escolar, unha canle de booktubers

Sobre o desenvolvemento xeral do Salón, a organización apostará por un formato mixto, a través do uso de diferentes tecnoloxías pero tentando manter toda a presencialidade posible:

No apartado de participación dos centros escolares, contactará a vindeira semana para facilitarlles a bibliografía elaborada por Gálix e tentará establecer novas formas de participación para que a colaboración se manteña

Polas tardes e fins de semana manterá a programación para público familiar, tamén con formatos adaptados ás circunstancias que incluirán o “espallamento do Salón por toda a cidade, deslocalizando a celebración de actividades de xeito similar ao que se levou a cabo no verán para as Festas e que resultou exitoso. Buscaremos empregar espazos abertos, próximos ao Pazo, ben ventilados para evitar os contaxios”

Sobre o congreso, Carme avanzou que áinda que non se pode avanzar número de asistentes, e outras cuestión como o formato que case seguro será virtual, etc. “sabedes que aproveitamos o Salón para apoiar a mediación lectora mediante un congreso que xira é da ferramentas a esta imporante figura intermediaria entre os produtores de libros e o adolescente ou a cativada que os vai ler, así que manteremos esta iniciativa na maneira que sexa posible”.

Fouces rematou a rolda apuntando ao moito traballo e esforzo que quedaba por diante para poder materializar todo o plantexado, que sexa posible levalo a cabo sempre con responsabilidade e do xeito máis presencial posible e con éxito.