- Institucións, establecementos comerciais, mupis da cidade acollen dende onte sete carteis diferentes nos que se recollen algunhas das vantaxes de vivir en Pontevedra.
A cidade volve a recordar, dende esta mañá, os beneficios do Efecto PO2. Preto de 1.000 carteis repartidos entre sedes de institucións oficiais, comercios e nas rúas da cidade, a través dos mupis, lembran que é o Efecto PO2 e porque é bo practicalo.
A carteleira da campaña de verán 2020 lembra aos pontevedreses e a todas as persoas que se chegan á cidade cales son as vantaxes de vivir baixo o Efecto PO2, baixo o modelo de cidade.
- A OMS recomenda dar cada día 10.000 pasos polo que o Efecto PO2 recomenda “usa a túa propia enerxía, móvete”.
- O modelo de cidade permitiu, cando menos, a redución do 67% das emisións do CO2, polo que a campaña lembra que en Pontevedra se respira un aire de calidade.
- Pontevedra é unha cidade compacta. Ten 5km lonxitudinais, polo que o Efecto PO2 insta a “percorre a cidade, redescubre”.
- Unha hora camiñando para “coida o teu corazón, camiña”.
- A superficie con preferencia peonil na cidade é de 3.250 m2 polo que “o espazo público é saúde, víveo”
- O tratamento dos biorresiduos son un elemento esencial da campaña polo que recolle o obxectivo do Concello de Pontevedra cara final de ano. O tratamento do 50% dos biorresiduos que se xeran no concello. “Reduce os desperdicios, composta”.
- O último dos carteis de difusión da campaña fai referencia ao control da auga potábel. É 1/4 de litros por persoa e día, o que supón que en Pontevedra se perda 24 litros menos de auga que na media galega. “A auga é vida, aprovéitaa”.
A distribución da carteleira está incluída dentro da campaña de comunicación de Efecto PO2 como as pintadas de rúa -CO2 +PO2 que se poden ver en dez puntos diferentes da cidade, e que permite facer un pequeno xogo: canto máis se pise o CO2, só irá quedando PO2. Tamén inclúe faladoiros do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores con persoeiros, microvídeos nos que se tratará de expoñer que a rúa é a extensión das vivendas de cada pontevedrés e pontevedresa. É un programa máis extenso que se irá desvelando nas vindeiras semanas e poñendo en marcha ao longo de todo o verán.
Con esta campaña que dirixe a Concellaría de Promoción da Cidade que xestiona Anabel Gulías Efecto PO2 pretende divulgar entre os veciños e veciñas de Pontevedra que é o Efecto PO2: un estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo.
Saúdos ;-))