CABALGATA DE REIS 2019
Día: 5 de xaneiro
Hora: 18:00 horas
Itinerario: Xosé Malvar, Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España.
HORARIO DE CORTES DE RÚAS
- Xosé Malvar (lugar concentración e saída): sobre as 16:30 horas
- Sobre as 17.30 horas, aínda que podería adiantarse dependendo da afluencia de público ou necesidades do servizo no resto das vías afectadas.
- Rúa Echegarai lugar de recollida das carrozas para saída cidade. O peche da rúa Echegarai provocará, puntualmente, corte de tráfico en Rúa Alameda con desvío, saída cidade, a través da Ponte das Correntes.
RESTRINCIÓNS ESTACIONAMENTOS
Día 5 de xaneiro
A partir das 08:00 horas prohíbese o estacionamento na rúa Xosé Malvar.
De igual xeito prohíbese o estacionamento nas rúas Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00 h.
Rúa Echegarai (lugar de recollida carrozas) a partir das 15:00 horas e rúa Alameda (reserva estacionamento motos e taxis)
Dende o pasado xoves, día 2, está instalado o valado coa advertencia da data e hora da prohibición de estacionamento en todo o percorrido.
Co fin de evitar molestias aos cidadáns a Policía Local de Pontevedra prega a colaboración dos condutores e permanecer atento á sinalización circunstancial.
Os vehículos estacionados con antelación á colocación serán trasladados a outro lugar. Os vehículos que estacionen con posteridade serán denunciados e retirados co guindastre municipal e abonarán as taxas correspondentes.
RECOMENDACIÓNS
- A zona leste da Cidade verase afectada polo que se recomenda a entrada na cidade por Loureiro Crespo – Xoán Carlos I.
- A utilización dos estacionamentos disuasorios (ningún deles está afectado pola Cabalgata de Reis).
- Evitar o tránsito de vehículos polo centro da cidade entre as 17:00 horas e 21:00 horas.
- O tráfico restablecerase unha vez que os sevizos de limpeza do Concello de Pontevedra procedan a súa limpeza.
- A mellor alternativa para cruzar Pontevedra dun lado a outro é a AP-9.
- Por mor da concentración das carrozas ao remate da cabalgata na rúa Echegarai, procederase ao peche ao tráfico da rúa Alameda cara a Echegarai polo que o tráfico de saída por Ponte da Barca efectuarase pola Ponte das Correntes.