O Salón homenaxea na súa XXI edición á escritora Helena Villar Janeiro e o ilustrador Kiko Dasilva

6
  • Por primeira vez serán dous os creadores homenaxeados, xa que, segundo apuntou a concelleira: “no mundo da LIX texto e ilustración van da man e non viven a unha sen a outra”

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá unha das últimas novidades da vindeira edición do Salón “O humor”.  Por primeira vez en 21 anos serán dous os creadores homenaxeados, unha do edido da literatura e outro do campo da ilustración: Helena Villar Janeiro e Kiko Dasilva.

Fouces iniciou a súa intervención apuntando aos meses de traballo que hai detrás do Salón e tamén de ilusión para continuar avanzando esta nova modalidade  de homenaxe:  “xa anunciamos o cartel gañador, o tema, O Humor, o País convidado, Italia e hoxe temos o pracer de anunciarvos as persoas que decidimos homenaxear. O ano pasado foi, como sabedes, Antonio García Teijeiro, poeta. Para a edición de 2020 tomamos unha decisión que chegou para quedar, que é a de homexear por unha banda a creadores e creadoes de escrita e pola outra a creadores e creadoras da ilustración. Parecíanos de recibo que sendo a ilustración unha parte esencial de boa parte das obras da nosa Literatura Infantil e Xuvenil, cumpría destacar, ao mesmo nivel a creación plástica que a literaria. No ámbito das escritoras, tivémolo claro, Helena Villar Janeiro, unha muller que formou parte dese grupo que iniciou a LIX en galego (Inexistente ata ese momento) nos anos 80. Pioneira neste mundo, sigue creando e publicando para as crianzas e os mozos actualmente. No ámbito da Ilustración, a escolla tamén foi sinxela. Na nosa cidade, non podíamos deixar de recoñecer o traballo de Kiko Dasilva que, como moitos sabedes, foi o creador da actual mascota do Salón, o lobo Orbil.”

Na súa quenda de palabra, a escritora de Becerreá afincada en Rianxo, sinalou á súa como unha vida chea de paixóns entre as que se atopaban a literatura e a súa profesión como mestra, que seguía “exercendo” pese a levar 19 anos xubilada. Os “culpables” da súa abundante creación literia foron os seus fillos, os afamados María do Cebreiro (poeta) e Abe Rábade (músico de jazz e pianista) xa que comezou por escribir cantigas e arrolos para durmilos ou acompañar calquera actividade cotiá da súa nenez. “Estar aquí é unha honra que non agardaba. Isto empezou case pola necesidade de normalizar a LIX e porque non hai mellor eido no que desenvolver a liberdade do poeta que co público infantil. Os nenos teñen dereito á felicidade”

Pola súa parte Kiko Dasilva, logo de agradecer enormemente “iniciar este novo formato de homenaxe aínda que penso que aínda teño todo por facer” apuntou á precariedade no sector creativo e especialmente no ámbito da ilustración, sinalando que dun exemplar de 15€ reciben 75 céntimos no mellor dos casos.

Helena subscribiu ao igual que a concelleira as palabras de Kiko e agradeceu a labor dos ilustradores que “completan o traballo do escritor, iso que nós non somos quen de describir porque á cativada éntranlle todo polos ollos”.

Rematou a rolda con convite conxunto a recurrir á literatura en galego como agasallo de Nadal aprobeitando as edicións tan xeitosas que se están a levar a cabo da man das editoriais e porque “se os nenos non len en galego, non o van a recpñecer nin querer. É o xeito de facelo perdurar” apuntou Dasilva.