Medio Natural anima aos pontevedreses a participar nunha ‘quedada’ para observar o tránsito de Mercurio

164
  • A actividade organizada pola Asociación Astronómica Sirio e a Agrupación Astronómica Rías Baixas desenvolverase na Alameda o vindeiro luns entre as 13.35 horas e o solpor

O planeta máis pequeno do Sistema Solar vai experimentar o vindeiro luns 11 de novembro un fenómeno que só ocontece unha decena de veces por século, así que animo a tódolos pontevedreses a desfrutar do mesmo de xeito seguro e acompañados por expertos na materia”. Deste xeito, o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, quere convidar á cidadanía a participar nunha ‘quedada’ organizada pola Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra e a Agrupación Astronómica Rías Baixas e impulsada polo departamento municipal de Medio Ambiente para observar o tránsito de Mercurio dende a Alameda.

A actividade desenvolverase entre as 13.35 horas e o solpor e, ao estar promovida por agrupacións pertencentes á Federación de Asociacións Astronómicas de España, contan coas preceptivas garantías para un perfecto seguimento do fenómeno. Neste sentido, Iván Puentes fai fincapé no “enorme perigo de observar o Sol durante un fenómeno como este, sen filtros especiais e homologados”.

Segundo precisa o edil do PSOE, os tránsitos de Mercurio prodúcense 13 veces cada século en intervalos de 3, 7, 10 e 13 anos, “e haberá que agardar até o 13 de novembro de 2032 para poder asistir ao seguinte”. Asimesmo, trátase do planeta máis cercano ao Sol e, polo tanto, bastante esquivo para a súa observación, xa que só se deixa ver ao solpor polo oeste, case ocultado pola luz do sol, ou ben ao amencer polo leste, xusto antes da saída do sol. 

Tal e como aclara Iván Puentes, “se nun eclipse de Sol é a Lúa a que se interpón entre a Terra e o Sol, neste tránsito será Mercurio o que se interporá entre nós e o Sol”. Tal e como apunta, “Mercurio está moitísimo máis lonxe de nós que a Lúa, polo que nos tapa moi pouquiño do disco solar, apenas un puntiño negro que nos amosa o diminutos que son os planetas en relación ao Sol”.

Medidas de seguridade 

Iván Puentes advirte de que “para ver o Sol con seguridade é necesario observalo por proxección ou a través de filtros especiais, xa que facelo a simple vista é sumamente perigoso e pode causar danos irreversibles na retina”. Ademais de non mirar directamente ao Sol, aconséllase non realizalo a través de gafas escuras, películas veladas, radiografías, lentes, prismáticos, telescopios sen un filtro axeitado e visores de cámaras fotográficas.