Admisión de novos alumnos/as na Aula Municipal de Teatro de Salcedo

11

A actividade, gratuíta e financiada polo Concello de Pontevedra, terá lugar todos os xoves, de 18:00 a 19:30 h no Centro Cultural Casa Verde.
A Aula Municipal de Teatro de Salcedo artéllase como un un laboratorio permanente de teatro impartido por Nelson Quinteiro e conta con 10 actores e actrices.

A formación artéllase a través dunha parte de xogo teatral e outra de montaxe de textos teatrais, enfatizando a formación de actores e actrices e o empoderamento e dignificación do teatro de base.

Como exemplo, no pasado curso traballouse na montaxe “Os Vellos non deben de Namorarse” de A.D. Rodríguez Castelao, estrenada con grande éxito no pasado Festival de Música e Teatro de Salcedo, polo que se manterá en carteleira e ampliarase con novo elenco.
Tamén se traballará na historia do teatro, montando fragmentos de microteatro de diferentes xéneros, ademais de reforzar a actividade escénica con lecturas dramatizadas e comentadas ao longo de todo o ano ou montaxes breves de expresión corporal e teatro con contidos relacionados co calendario festivo e temático do ano.
As persoas interesadas en apuntarse, poden facleo no teléfono 647 647 404 ou persoalmente na Casa Verde o xoves 24 de outubro, ás 18:00 h, día da presentación da nova temporada.
Esta formación esta aberta a todas as idades.