O prazo para solicitar un posto no mercadillo de flores de Tódolos Santos ábrese o vindeiro martes 15 de outubro

12
  • Os interesados terán ata o 28 de outubro para presentar o formulario, xunto cunha fotocopia do DNI, e abonar a correspondente taxa de 5,15 euros por metro cadrado

A Concellería de Promoción Económica, que dirixe a socialista Yoya Blanco, abrirá o vindeiro martes, día 15 de outubro, o prazo de presentación de solicitudes para a instalación de postos no tradicional mercadillo de flores do día de Tódolos Santos, que se celebrará na Praza da Ferrería os días 31 de outubro e 1 de novembro.

Os interesados terán ata o 28 de outubro para presentar o correspondente formulario, acompañado por unha fotocopia do seu DNI. Asemade, deberán aboar unha taxa de 5,15 euros por metro cadrado ocupado.

Tal e como lembra Yoya Blanco, responsable municipal de Mercados, este concurrido mercadillo alcanzou o pasado ano a cifra de 42 postos instalados.