Paloma Castro abre as portas da Redeaxuda e da Casa Azul á Asociación de Venezolanos en Pontevedra

26
  • A edil de Benestar Social comprométese con Asovedra a facilitarlles unha sede social e a que se axilicen os trámites burocráticos que permiten ao colectivo “iniciar unha nova vida na cidade”

En base aos datos que baralla a Asociación de Venezolanos en Pontevedra (Asovedra), uns 2.000 cidadáns procedentes do país sudamericano chegaron ao concello nos últimos dous anos, unha realidade que puxo o foco das entidades da Redeaxuda en axudar ás familias desta cada vez máis numerosa comunidade. Este foi o motivo que levou á concelleira responsable de Benestar Social, Paloma Castro, a convocar para hoxe unha entrevista cos membros da directiva deste colectivo, aos que decidiu extender a absoluta colaboración por parte do seu departamento e ofrecerlles tanto a súa integración no grupo de entidades que conforman a Redeaxuda como a posibilidade de contar cunha sede social na Casa Azul (actualmente reúnense nun restaurante da capital).

Ao encontro, que tivo lugar la Sala de Xuntas do Concello, asistiu o presidente de Asovedra, Guillermo García, acompañado polo vicepresidente da asociación, Bernardo Gamallo, a súa secretaria, Mónica Brenna, e o voceiro de tesourería, Álvaro Carregal. García calificou a reunión como “moi productiva, xa que se falou dun punto clave para nós, que é o de facilitar a situación dos venezolanos que chegan a Pontevedra e queren incorporarse á súa nova vida na cidade”. “Recibimos toda a colaboración que esperabamos do Concello”, apuntou.

Reunión mantida na Sala de Xuntas do Concello.

Para a concelleira de Benestar Social, “despois das conversas mantidas coas entidades da Redeaxuda e das tremendas cifras de inmigrantes venezolanos, quedou claro que era indispensable iniciar axudas concretas para este colectivo”. Tal e como lles avanzou, dentro das competencias municipais, a socialista fará “tódalas xestións que sexan necesarias para axilizar ao máximo os trámites burocráticos que lles permiten aos recén chegados comezar unha nova vida, entre outros o de empadroamento”.

“Queremos que vexan que Pontevedra é unha cidade que os recibe cos brazos abertos, que quere integralos na súa vida e que os arroupa”, subliñou a socialista.

Os voceiros de Asovedra, que recibiron con entusiasmo a posibilidade de contar cun local social propio na Casa Azul e de integrarse na Redeaxuda, aproveitaron a ocasión para recordar que todos aqueles venezolanos que precisen unha man poden poñerse en contacto con eles a través do teléfono 647 257 262 ou do correo electrónico asovedra@gmail.com.